Asociación Galega de Editoras
asociación profesional galega From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A Asociación Galega de Editoras (coñecida até maio de 2016 como Asociación Galega de Editores) é unha asociación de ámbito galego fundada en 1983 ante a falta dun organismo que defendese os intereses dos editores na época. É constituída co obxectivo de ser a representación gremial das editoriais galegas. En 2016 constaba de 35[1] empresas editoriais (algo menos da metade do total de editoriais radicadas en Galicia[2]), ás cales proporcionaban axuda tanto na edición como na promoción do libro galego.
Os seus últimos presidentes foron Manuel Bragado, Laura Rodríguez e, dende maio de 2016, Xosé Ballesteros, en cuxo equipo de dirección se integran a propia expresidenta L. Rodríguez ou editores como Henrique Alvarellos, David Cortizo Conde, María Xesús Gómez, Ana Guerra, Fran Alonso e Xulio Amigo.
Remove ads
Obxectivos
- Recoñecemento e concreción de sector estratéxico por parte das administracións.
- A profesionalización gremial: estratexias de cooperación intersectorial, novas vías de financiamento, formación, estratexias de comunicación etc.
- Incremento da dotación pública de libro galego na Rede Bibliotecaria Pública Galega.
- Concreción da débeda histórica que, segundo a asociación, teñen as administracións co libro galego.
- Obxectivos de actuación pública:
- Xornadas técnicas, dixitalización de contidos.
- Programa de formación continua de traballadores do sector.
- Actuación en prevención de riscos laborais.
- Participación en feiras internacionais do libro.
Remove ads
Servizos
A AGE préstalles aos seus asociados servizos de información e documentación, formación, apoio nas feiras e nas actividades de promoción do libro galego.[3]
- Información e documentación
- Formación
- Información e/ou organización de cursos de formación para o persoal das empresas do gremio.
- Realización de xornadas técnicas Comercio Exterior
- Comercio Exterior
- Participación como colectivo nas feiras profesionais do libro que formen parte do calendario de actividades anuais. En colaboración coa Dirección Xeral do Libro da Xunta de Galicia, coas cámaras de comercio de Galicia e coa Federación de Gremios de Editores de España.
- Apoio aos editores nestes eventos.
- Promoción do libro galego
- Día das Letras Galegas.
- Apoio a iniciativas asociativas relacionadas co libro.
- Información aos medios das novas de interese relacionadas coa AGE e ás empresas asociadas.
- Premio anual á colaboración co mundo editorial e a cultura galega en xeral.
Remove ads
Empresas asociadas
- AGEA Editora
- Aira Editorial
- Alvarellos Editora
- Andavira Editora
- Antela Editorial
- Baía Edicións
- Belagua
- Biblos Clube de Lectores
- Boadicea Editora
- Bolanda
- Editorial Bululú
- Bunker Books
- Colex
- Cuarto de Inverno
- Cumio
- Cydonia
- Dardo Editorial
- Dos Acordes
- Ediciones del Viento
- Edicións Embora
- Ézaro Ediciones
- Kalandraka Editora
- KNS Ediciones
- Obradoiro Edicións
- OQO Editora
- Patas de peixe
- Positivas
- Retranca Editora
- Rodeira
- Tambre
- Toxosoutos
- Trinqueta Verde
- Tulipa Editorial
- Xerais
- Xerme
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads