Asp (foguete)

Foguete sonda estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia

Asp (foguete)
Remove ads

Asp (acrónimo de Atmospheric Sounding Projectile) foi a denominación dun modelo de foguete sonda estadounidense usado entre 1955 e 1963.

Datos rápidos Función, fabricante ...
Remove ads

Características

Asp foi deseñado pola Armada dos Estados Unidos de América para recoller mostras dos fungos atómicos resultantes das probas nucleares. Foi desenvolto pola Cooper Development Corporation e tras varias probas no polígono de White Sands usáronse durante as probas nucleares da operación Redwing. Máis tarde sería usado como etapa superior, xunto unha primeira etapa Nike, para investigar a atmosfera superior e facer estudos solares.

O Asp lanzábase desde un monorraíl de inclinación variable e levaba un transmisor de telemetría cun peso de entre 9 e 11 kg no morro. As aletas do Asp levaban bengalas para facilita-lo seguimento do foguete.[1]

Remove ads

Variantes

Asp Apache

O Asp Apache consistiu nun foguete sonda cunha primeira etapa Asp e unha segunda etapa Apache, chegando a alcanzar 120 km de altura. Só se lanzou un modelo, o 15 de novembro de 1961.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads