Assassin's Creed II

videoxogo de 2009 From Wikipedia, the free encyclopedia

Assassin's Creed II
Remove ads

Assassin's Creed II é un videoxogo de historia ficticia, acción e aventuras de mundo aberto, desenvolvido por Ubisoft Montreal e distribuído por Ubisoft. É o segundo título da saga Assassin's Creed, unha secuela do videoxogo de 2007 Assassin's Creed, e o primeiro título da 'triloxía Ezio'. O videoxogo foi lanzado para PlayStation 3 e Xbox 360 en novembro de 2009, en marzo de 2010 estivo dispoñible para Microsoft Windows, en outubro dese mesmo ano para macOS. A produción de Assassin's Creed II comezou pouco despois do lanzamento de Assassin's Creed empregando un novo motor de xogo, o Anvil.

Datos rápidos Tipo, Xénero artístico ...
Remove ads

Sinopse

A historia está ambientada no século XXI e segue a historia de Desmond Miles, que revive a memoria xenética do seu devanceiro Ezio Auditore. O argumento principal céntrase no Renacemento en Italia durante o século XV e comezos do século XVI. O xogador pode explorar Florencia, Venecia, Toscana e Forlì e guiar a Ezio na súa misión de vinganza contra os responsables da morte da súa familia. No xogo é preciso empregar as habilidades de combate e sixilo, para que Desmond comece a descubrir os misterios sobre a antiga raza coñecida como Primeiras Civilizacións coa esperanza de rematar co conflito entre os Asasinos e os Cabaleiros Templarios.

Recepción

Máis información Puntuacións agregadas, Agregador ...

O xogo recibiu a aclamación da crítica e vendeu máis de 9 millóns de copias até maio de 2010. A versión de PC foi acollida con certo criticismo por mor do sistema de xestión de dereitos dixitais. O xogo ten unha continuación, Assassin's Creed II: Discovery e unha secuela directa, Assassin's Creed: Brotherhood.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads