Assurbanipal

From Wikipedia, the free encyclopedia

Assurbanipal
Remove ads

Assurbanipal (en acadio Aššur-bāni-apli; siríaco "ܐܵܫܘܿܪ ܒܵܢܝܼ ܐܵܦܠܝܼ"; "Assur é o creador do seu herdeiro")[1] nado no -685 e finado no -627[2], foi rei de Asiria dende o ano -669. Foi o máis ilustrado dos monarcas asirios. Os gregos coñecérono como Sardanápalo e na Biblia é coñecido como Osnapper.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Thumb
Relevo de Assurbanipal cazando (Museo Británico de Londres)

Fillo de Asarhaddon, sucedeuno no trono. O seu irmán Shamash-shum-ukin foi rei subordinado en Babilonia.

Remove ads

Vitorias militares

Assurbanipal derrotou ao imperio de Elam, destruíu Susa (-639) e volveu coa cabeza do seu rei Teumman que, ao parecer, se suicidara na batalla do río Ulaia. Isto provocou a desesperación dos embaixadores deste (un arrincouse a barba e outro suicidouse). A cabeza de Teumman luciu tétrica nas portas de Nínive.

Puxo reis monicreques en Madaktu e Hidalu.Realizou existosas campañas militares sobre Exipto, derrotou ao faraón Taharqa en Menfis e combateu ata a completa dominación do país.

O seu irmán rebelouse coa axuda de caldeos, amorreos e gutis. Assurbanipal derrotounos e someteu a Babilonia a unha dura represión, masacre incluída, pero sen destruír a cidade.

Remove ads

Legado cultural

Assurbanipal gabábase de saber ler e escribir, e parece ser que dominou varios idiomas (sumerio e acadio)

Durante o seu reinado floreceu a arte asiria, en particular a escultura monumental, unha das fontes históricas notables para coñecer o período. Mais onde deixou unha pegada imborrable para a posteridade foi na biblioteca de Nínive con máis de 22.000 taboíñas de arxila en escritura cuneiforme con obras literarias, textos filosóficos, relixiosos, tratados médicos, astronómicos, comerciais, dicionarios de acadio, sumerio etc. sistematicamente ordenadas. Salienta o relato de Gilgamesh

O seu reinado marca o punto culminante de Asiria, pero tamén o punto de inflexión cara a súa decadencia. Os seus fillos Assuretilini e Sinshariskun, presas da mutua rivalidade, conduciron ao imperio a un rápido proceso de extinción.

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads