Atlas C
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Atlas C, tamén coñecido co código XSM-65C, foi un mísil balístico intercontinental de proba pertencente á familia de foguetes Atlas, formada en primeiro lugar por mísiles e máis tarde por foguetes espaciais. Foi a última iteración experimental antes da entrada en produción.[1][2]
Remove ads
Características
O Atlas C foi un modelo de probas, sucesor dos Atlas A e Atlas B, que non levaba oxiva funcional. Voou seis veces, con tres fallos, e deu lugar ao primeiro ICBM (mísil balístico intercontinental) despregado nos Estados Unidos. Co tempo o foguete evolucionaría para dar lugar a unha familia de lanzadores espaciais. Foi adicado a verificar os tanques de propelente de grosor mínimo e os sistemas de comunicación e usaba un motor exectable e un motor de sustentación no que se deu en chamar un foguete "de etapa e media". Podía levar unha carga de 70 kg a unha altura de 185 km.[1][2]
Remove ads
Variantes
Atlas C Able
O Atlas C Able consistía nun Atlas C cun foguete Able como segunda etapa e un Altair como terceira. Só intentou lanzarse unha vez, explotando na rampla de lanzamento durante unha proba de acendido estático o 24 de setembro de 1959.[3][4]
Historial de lanzamentos
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads