Autorretrato (Leonardo)
Pintura feita por Leonardo da Vinci From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Este Autorretrato (en italiano, Autoritratto) é un dos debuxos máis coñecidos do pintor italiano Leonardo da Vinci. Foi pintado en torno ao ano 1513 e atópase na Biblioteca Real de Turín. Está realizado en xiz vermella e mide 33 centímetros de alto e 21,6 cm. de ancho.
Remove ads
Descrición da obra
Leonardo realizaba todos os seus debuxos, incluso os esbozos, coidando cada detalle. Se se obsérvase atentamente o debuxo, cáese na conta de que cada cabelo, cada pelo da barba, están realizados con enorme precisión, aínda que o rostro non estea acabado; falta de feito a parte superior da fronte e parte da barba pero produce a impresión de verse.
Este autorretrato, máis que ser fiel como unha fotografía, é unha interpretación que Leonardo dá ao seu propio rostro, xogando sobre a base de xogos de luces e sensacións.
Este debuxo ten unha historia realmente sorprendente ás súas costas: á morte de Leonardo, caeu nas mans de Francesco Melzi o seu fiel colaborador que herdara todos os manuscritos e os debuxos, e á morte deste último, toda a colección dispersouse entre os fillos de Melzi e este retrato foi cedido, vendido, etcétera, e non se soubo máis del. Reapareceu a principios do século XIX en Milán. A confirmación vén do feito do que fora copiado e reproducido nunha gravación para un libro, e desaparece novamente ata 1840, cando un coleccionista que o comprou quizais en Inglaterra ou en Francia, vendeuno a Carlos Alberte de Savoia, xunto a debuxos doutros grandes artistas como Rafael Sanzio e Michelangelo. Desde entón permanece na Biblioteca Real de Turín.
Remove ads
Identificación
Aínda que a maioría dos estudosos o consideraran o único autorretrato seguro do Xenio e na Biblioteca Real continúan considerándoo como tal na exposición Dis. It. 1/30[1], a identificación do home representando o propio Leonardo non é seguro hoxe en día. Mentres o leonardista americano Louis A. Waldman identifica ao home retratado como o tío de Leonardo, Francesco da Vinci[2], outros identificano con Ser Piero da Vinci ou cunha figura idealizada dun ensaio do pasado, como Pitágoras ou Demóstenes[1].
Remove ads
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads