Avelino Abuín de Tembra
escritor galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Avelino Abuín González, chamado Abuín de Tembra, nado en Imo (Dodro) en 1931 e finado en Santiago de Compostela o 2 de marzo de 2009,[1] foi un escritor galego.
Remove ads
Traxectoria
Estudou Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela e licenciouse en Filoloxía Románica.[2] Foi catedrático de ensino medio e Técnico Superior de Relacións Públicas. Comprometido coa cultura e coa lingua galegas foi un gran dinamizador cultural.
Foi redactor xefe de La Voz de Breogán de Lisboa entre 1957 e 1958. Foi o creador e impulsor dos Xogos Florais do Ensino Medio de Galicia (1963), antecesores dos premios Minerva-Peleteiro, e dos Cursos Monográficos Manuel Peleteiro (1966)[3], no colexio Manuel Peleteiro de Santiago, onde impartía clases de literatura española.
Fundador, xunto con outros intelectuais do Padroado do Pedrón de Ouro en 1964, que viría a ser distinguida posteriormente coma Fundación de Interese Galego, ostentando o cargo de presidente no ano 1996.
Foi secretario xeral da Fundación Rosalía de Castro e membro da súa Comisión de Cultura desde 1965. Promoveu o premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón, que leva o nome do poeta de Dodro. Fundou a revista electrónica Galicia Viva (1999) da asociación cultural epónima. Creou e promoveu a Ruta Rosaliana[1][4].
Colaborou en numerosas publicacións xornalísticas galegas e na Radio Galega onde durante moitos anos dirixiu e presentou un programa dedicado ás bandas de música, que despois dirixiu e presentou en Radio Obradoiro.
Foi o pai do crítico literario Anxo Abuín.
Remove ads
Recoñecementos

No ano 2019 inaugurouse un local sociocultural en Imo que leva o seu nome trala remodelación da antiga escola unitaria de Imo.[5][6]
Obras
Poesía
- Camiños, 1961, Atlas, Santiago de Compostela.
- Home ao pairo, 1974, Abrente, Santiago de Compostela.
- Roldas de Compostela, 1983, Ediciós do Castro.
Ensaio
Edicións
Prólogos
- E segues a tirarme das entrañas, de Miguel Anxo Mouriño, 1997.
Obras colectivas
- Grandeza e decadencia do Palacio de Lestrove, 2012, Pousadas de Compostela.
Premios
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads