Avelino González

actor galego From Wikipedia, the free encyclopedia

Avelino González
Remove ads

Xosé Avelino González Fernández, coñecido como Avelino González, nado en Santo André de Comesaña (Vigo) en 1962, é un actor galego, narrador oral, director e tradutor de teatro, especialista en comedia, contacontos e animación de rúa. A súa irmá é Helena González Fernández.

Thumb
Avelino González (esquerda) con Xesús Ron e Xulio Lago nunha entrevista.
Non confundir con Avelino González Mallada, anarquista asturiano.
Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Comezou a súa carreira no teatro en A Farándula (Vigo, 1980), compañía na que colaborou ata a súa desaparición. Fundador de Tranvía Teatro (1989), con Cándido Pazó, e de Ollomoltranvía (1993),[1] deu o salto ao cine en 1987 con Gallego, no que ten feito filmes nos que destaca ¿A ti como se che di adeus? Na pequena pantalla ten actuado en programas de lecer (Arestora, Luar...), series (Mareas Vivas, Galicia Express...) e telefilmes (Condenado a vivir). O seu personaxe Miñato, da serie Padre Casares, é un dos que máis popularidade lle dan. Foi presidente da Asociación de Actores e Actrices de Galicia entre 2013 e 2015[2].

Cómpre salientar o seu traballo como narrador, actor, tradutor e director teatral. Nas súas historias o humor combínase cun emprego enxeñoso da lingua, a historia, a memoria, a literatura, a tradición oral e mais a crítica social e política. Mantén un fío de escrita creativa no Facebook, titulado "Blogme tendal" a partir de fotografías de roupa estendida, ao xeito das cousas de Castelao. Unha delas foi publicada na revista Luzes. Participou no audiolibro Contos de Castelao nas voces de Santiago Prego, Avelino González e Cándido Pazó editado polo Consello da Cultura Galega, 2010.[3] Interveu na homenaxe a Xela Arias, con quen mantiña relación de amizade, que tivo lugar en Vigo en 2014, e mais no libro Xela Arias, quedas en nós.

Ten publicado, de maneira puntual, colaboracións sobre teatro nas revistas ADE: Teatro, Escaramuza, Información Teatral. A revista Luzes recolle unha das cousas de Blogme Tendal.

Remove ads

Teatro

Como actor

Como director e autor

  • Saaabor!, 2018, producido por Culturactiva SCQ. Dirección.[5]
  • Sénior, 2018, producido por Coperactiva. Dirección.
  • Copérate, 2017, producido por Coperactiva. Dirección.
  • Dous no camiño, 2017, producido por Coperactiva. Dirección.
  • Filosofando, 2015, producido por Coperactiva. Dirección.
  • The Telephone, 2015, de Gian Carlo Menotti para a Real Filharmonía de Galicia. Dirección.
  • A historia de Brancaflor, 2014, producido por Coperactiva. Dirección e texto. Adaptación con Fran Rei do conto marabilloso recollido por Xosé Ramón Mariño Ferro. Espectáculo infantil.[6]
  • Pelos na lingua, 2011. Estrea no Pazo da Cultura de Carballo por Talía Teatro.[7] A partir de textos de Avelino González, María Ordóñez, Artur Trillo e Séchu Sende.
  • Tarará-chis-pum 2007. Texto do espectáculo do mesmo nome. Creación colectiva de Anabel Gago, Avelino González, Bea Porrúa, Fran Peleteiro, José Carlos Illanes, Manuel Polo, Noemi Rodríguez, Rosa Hurtado e Santiago Montenegro. Foi publicado en libro en Laiovento, 2011.
  • Crónica de Avilés de Taramancos, 2003, producido por Falabarato. Dirección.
  • Bicos con lingua, 2003. Estrea no Teatro Principal de Compostela, producido por Talía Teatro. Dirección e texto. A partir de relatos de Suso de Toro, Cándido Pazó, Avelino González, Ana Iglesias, Xavier Lama, Marta Echevarría e Manuel Núñez Singala.[8]
  • Cartas de amor (Love Letters no seu título orixinal en inglés), 2001, de A.R. Gurney, para Lagarta, lagarta. Dirección.

Como tradutor e adaptador

  • Meu ben, de Elaine Murphy, con Olga F. Nogueira. Estreada no Pazo da Cultura de Narón en 2014 pola compañía Eme2. Dirección de Álvaro Lavín.
  • Unha hora na vida de Stefan Zweig, de Antonio Tabares. Estreada en Narón en 2014 pola compañía Lagarta, lagarta. Dirección de Rosa Álvarez.
  • Ladrón e familia (Non tutti i ladri vengono per nuocere no seu título orixinal en italiano), de Dario Fo. Estreada en 2012 no Auditorio Patelas de Cuntis por Teatro do Astracán. Dirección de Evaristo Calvo.
  • Un cranio furado (A Skull in Connemara no seu título orixinal en inglés), de Martin McDonagh. Estreada en 2010 pola compañía Producións Teatrais Excéntricas. Dirección de Quico Cadaval.
  • A bombilla máxica, de Woody Allen con Olga F. Nogueira. Estreada en 2007 pola compañía Teatro do Atlántico. Dirección de Xúlio Lago.
  • A raíña da beleza de Leelane, de Martin McDonagh, con Olga F. Nogueira. Estreada en 2006 na Sala Yago de Santiago de Compostela por Teatro do Atlántico. Dirección de Xúlio Lago.
Remove ads

Narración oral ou contacontos

Ten participado en numerosos festivais de narración oral galegos e internacionais.[9][10]

O espectáculo Vento mareiro xorde do Primeiro Concerto expansivo Nunca Máis organizado pola Plataforma contra a Burla Negra en 2003. Trátase dunha colaboración do narrador oral co Cuarteto Caramuxo. Nel recóllense historias viradas ao mar: unha copla do entroido de Cee sobre a caza de baleas e as factorías de Caneliñas e de Massó, un conto arredor da relación mítica de Galicia coas sereas, outra historia sobre un paisano de Noia chamado Andrucho que pasou de patrón de veleiro a patrón de gabarra no Amazonas organizando remesas de armas para a guerrilla colombiana, unha historia de pesca no Gran Sol.[11] A narración oral combínase coa parte musical (habaneras, valses, pasodobres e jazz).

O contacontos é fonte de historias, sucesos e anécdotas amables, tráxicas ou canallas como contar a historia das baleas de Massó en Cangas e o xabón de La Toja; a da decadencia do acordeón por culpa das sereas que acaban bailando o tico-tico homenaxeando ós Acordeóns Mallo; ou a historia do Andrucho -de Avilés de Taramancos- que de patrón de veleiro na ría de Noia, converteuse, xa vello, en contrabandista no Amazonas. Os autores definen o espectáculo como bailable, «a medio camiño entre unha sesión de contacontos e a sesión vermouth.[12]

Vento mareiro foi o espectáculo máis representado en Galicia en 2005.[13]

Algúns dos seus monólogos e contos son:

Remove ads

Audiovisual

Actor de ficción en distintos formatos e medios, que inclúe series de televisión, cine e webseries, tamén traballou como personaxe para programas infantís (O campo de atrás) e de entretemento. Fixo de actor de captura de momentos para o filme El Cid e a serie Goomer (Filmax/Bren Entertainment). Parte do seu traballo audiovisual aparece nos videobooks de 2012[27] e 2017[28].

Cine

  • Valores familiares, dirección de Jesús Pedrosa (2012). Curtametraxe.[29]
  • O máis rico (do cemiterio), dirección e guión de Jorge Fernández (2007). Curtametraxe.[30][31]
  • Lúa e Leo, dirección de Clara García Nieto (2007). Curtametraxe.[32]
  • Te encontré, dirixida por Susana Estévez (2006). Curtametraxe.
  • Heroína (Gerardo Herrero, 2004)
  • Condenado a vivir (Roberto Bodegas, 2000)
  • Lena (Gonzalo Tapia, 2000)
  • A caída dun manager malvado (Marcos Estebo, 2000)
  • ¿A ti como se che di adeus?, dirección de Jorge Coira (1998). Curtametraxe.[33]
  • Gallego (Octavio Gómez, 1987)

Televisión

  • Serramoura, producido por Voz Audiovisual para TVG. Serie.
  • Pazo de familia, producido por Voz Audiovisual para TVG. Serie
  • Seis Hermanas, producido por Bambú Producciones para TVE (2015). Serie.
  • Clases de lo social, webserie con dirección e guión de Pablo Cacheda de la Paz (2013). Webserie.
  • Piratas, dirección de Jorge Coira e Jorge Saavedra Mancebo, para Telecinco (2011). Serie.
  • Padre Casares, producido por Voz Audiovisual para TVG (2008). Serie.
  • A vida por diante, producido por Voz Audiovisual para TVG (2006). Serie.
  • Comando zapping, producido por Productora Faro para TVG (2005-2006)
  • Cuéntame, producido por Ganga para TVE (2005).
  • As leis de Celavella, producido por Voz Audiovisual para TVG (2003-2004). Serie.
  • Rías baixas, producido por Zenith Televisión para TVG (2004). Serie.
  • Máxima Audiencia/zapping producido por TVG (2004)
  • Hospital Central, producido por Videomedia para Telecinco (2003). Serie.
  • Lluvia, dirixido por Isabel Coixet, producida por Canal+ (2000)
  • Galicia Express, producido por Portozás Visión para TVG (2000). Serie.
  • Mareas vivas producido por N.T.R. para TVG (2000). Serie.
  • Pratos combinados, producido por Editorial Compostela para TVG (1998-2004). Serie.
  • Luar, producido por TVG (1997)
  • Arestora, (TVG) (1988-1989), onde facía de Pupo.
  • O Campo de Atrás dirixido por Manuel Pombal para a TVG (1988). Infantil.
Remove ads

Premios

Remove ads

Activismo

Avelino González participa en accións reivindicativas, a prol da defensa da lingua e da cultura galegas, contra a censura e pola liberdade de expresión, a axuda aos campos de refuxiados do Sáhara, e sinalados movementos cidadáns en Galicia (Nunca máis...).[35][36] Nalgúns casos participa prestando a súa imaxe pública:

  • Intervención e adaptación do poema de Rosalía de Castro en Adiós ríos, adiós fontes. Microactivismo poético dende o Val Miñor (2017), na campaña Lumes Nunca Máis![37]. Música de Rubén Artabe. Gravación e edición de Alga Photography e mediaLab Casa Colorida.
  • Intervención na campaña Como cho digo, da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (2014)[38]
  • Intervención na campaña #euapoioa Asodifisi, da Asociación de Disminuidos Físicos y Síquicos ASO.DI.FISI (2012)
Remove ads

Vida persoal

É irmán da profesora, escritora e tradutora Helena González Fernández.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads