Evaristo Calvo

actor galego From Wikipedia, the free encyclopedia

Evaristo Calvo
Remove ads

Evaristo Calvo Valcárcel, nado na Coruña en 1961, é un director e actor de teatro, televisión e cine galego. Forma parte xunto con Víctor Mosqueira do dúo cómico Mofa e Befa.

Remove ads

Traxectoria

Foi Premio María Casares a Mellor Actor Secundario (Anxeliños) e Mellor Dirección (Qui pro Quo). Premio AGAPI ’96 ao mellor actor co tándem “Mofa e Befa” (con Víctor Mosqueira) por "A gran liquidación". Este premio foi concedido ex aequo con R. Sánchez “Luna”.[1] Xograr de Outono do FIOT na 31 edición de 2022.[2]

Guionista de varios espazos da TVG (Apaga a luz, Con Perdón, Mañá será outro día) e director de diversos espectáculos (Qui pro quo, Hotel Run).[3]

Traballou como actor teatral nas compañías Dantehea, Escola Dramática Galega, Teatro do Atlántico, O Moucho Clerc, Ollomol-Teatro Submarino, Centro Dramático Galego, Ollomol Tranvía, Teatro do Aquí, Mofa e Befa. E nos espectáculos O proceso de Lucullus, Os perxuicios do tabaco, Adeua Madelónm Moleques, Historia de Neera, Fas e Nefas, O Rousiñol da Bretanha, O Incerto señor Don Hamlet, Soño dunha noite de Verán e Commedia, un xoguete para Goldoni, Raíñas de pedra, O rei nu, Anxeliños, Para ser exactos, Finis mundi circus. Participou na fundación de Ollomol-Teatro Submarino, Ollomol Tranvía, Mofa e Befa.[4]

Remove ads

Traballos

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads