Suso de Toro

escritor galego From Wikipedia, the free encyclopedia

Suso de Toro
Remove ads

Xesús Miguel de Toro Santos, máis coñecido como Suso de Toro, nado en Santiago de Compostela o 10 de xaneiro de 1956, é un escritor galego.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Thumb
Thumb
Suso de Toro asinando as súas obras na Feira do Libro de Vigo 2006.
Remove ads

Traxectoria

“Tic-Tac é a novela máis revolucionaria, máis ambiciosa, máis intelixente de cantas en Galicia se levan feito nas últimas décadas, e poida que a máis impresionante escrita nunca na nosa lingua”

Fillo de Antonio de Toro orixinario de Formariz (provincia de Zamora) e de Mercedes Santos, orixinaria de Falapaso (Camboño, Lousame). Os seus pais tiveron varios negocios principalmente de hostalería, dos cales cabe destacar o Mañoso na rúa de Sar e o Café Venecia (aberto a día de hoxe) e nos que Suso traballou dende novo.

É licenciado en Arte Moderna e Contemporánea pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi guionista para televisión e colaborador habitual na prensa e na radio,[1] ata ser apartado polas súas opinións no eido político. Hoxe conta cunha conta da denostada rede social X con máis de 95.000 seguidores. Publicou en galego máis de vinte libros de narrativa, teatro e ensaio. A súa obra, ademais de ser traducida a varias linguas, foi obxecto de estudo en diversas universidades europeas.

En abril de 2010 anunciou a súa retirada como escritor profesional, retomando a súa carreira de profesor de secundaria.[2]

Nas Eleccións ao Parlamento Europeo de 2014 concorreu na lista Os Pobos Deciden.[3] En abril de 2014 foille concedida a Creu de Sant Jordi.[4]

O seu irmán, Xelís de Toro, tamén é escritor.

Remove ads

Obra

Narrativa

Teatro

Literatura infantil e xuvenil

Xornalismo e ensaio

Thumb
Presentando, con Ana Cabaleiro, Dentro da literatura na Libraría Paz de Pontevedra o 6/4/2019

Coautor

A finais dos 90 publicou en Internet Botelha ao mar, un diario de aforismos que ollado en retrospectiva pode considerarse o primeiro blog escrito en lingua galega[Cómpre referencia], primeiro en Blogspot e logo en Blogaliza. Non quedan capturas dos arquivos orixinais do blog en Blogspot,[47] pero si algunhas copias grazas ás capturas de Internet Archive no caso dos posts na desaparecida comunidade de blogs en galego Blogaliza.[48]

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads