Avicii

DJ e produtor sueco From Wikipedia, the free encyclopedia

Avicii
Remove ads

Tim Bergling, nado en Estocolmo o 8 de setembro de 1989 e finado en Omán o 20 de abril de 2018,[1] foi un DJ e produtor musical sueco, coñecido polo seu nome artístico Avicii (estilizado como ΛVICII ou ◢ ◤).[2] Ficou no posto 6 na clasificación anual dos 100 mellores DJ, segundo a revista DJ Magazine de 2011.[3] En 2012 acadou o posto 3, que repetiu en 2013.[4] Foi nomeado dúas veces ós premios Grammy polo tema "Sunshine" que fixo con David Guetta en 2012 [5] e no 2013 por "Levels". Algunhas das súas cancións con máis sona son "Waiting for Love", "I Could Be the One" con Nicky Romero, "Wake Me Up", "You Make Me", "X You", "Hey Brother" e "Addicted to You" .

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Thumb
Logo de Avicii.
Remove ads

Traxectoria

Tim Bergling naceu en Estocolmo o 8 de setembro de 1989. En maio de 2007, Avicii asinou co selo Dejfitts Plays.[6] En 2010, Avicii lanzou a canción "Seek Bromance", que acadou o top 20 en países como Bélxica, Francia, os Países Baixos, o Reino Unido e Suecia. Tamén fixo un remix do sinxelo "Rapture" de Nadia Ali para o álbum Queen of Clubs Trilogy: Onyx Edition. En outubro de 2010, Avicii asinou co equipo European A&R de EMI Music Publishing.

Remove ads

Pasamento

Thumb
O cemiterio de Skogskyrkogården onde se celebrou o funeral de Avicii.
Thumb
Unha placa na memoria de Avicii, entre outras, na igrexa Hedvig Eleonora, onde está sepultado.

Bergling finou aos 28 anos o 20 de abril de 2018 en Mascate, onde se atopaba de vacacións.[7] Inicialmente non se revelou a causa do falecemento.[8][9][10] O 21 de abril, a policía declarou que non había sospeitas dunha morte violenta.[7][11] Posteriormente, o xornal dixital TMZ revelou que Bergling suicidárase cortando as veas cun cristal roto dunha botella.[12][13]

O 22 de maio, a familia de Bergling anunciou que o funeral celebraríase na máis estrita intimidade.[14] O acto tivo lugar o 8 de xuño no cemiterio de Skogskyrkogården en Estocolmo.[15] Está sepultado na igrexa Hedvig Eleonora.[16][17]

Remove ads

Clasificación de DJ Magazine

  • 2010: #33
  • 2011: #6
  • 2012: #3
  • 2013: #3
  • 2014: #6[18]

Discografía

Álbums

  • True (2013)
  • Stories (2015)
  • Tim (2019) (Álbum póstumo)

Compilacións

  • 2011: Avicii Presents Strictly Miami
  • 2011: The Singles

Xiras

  • True Tour (2014)
  • Stories World Tour (2015)

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads