BCM Gravelines

From Wikipedia, the free encyclopedia

BCM Gravelines
Remove ads

O Basket Club Maritime Gravelines Dunkerque Grand Littoral, coñecido como BCM Gravelines Dunkerque ou simplemente BCM, é un club profesional de baloncesto francés con sede na cidade de Gravelines, situada na rexión da Alta Francia. Actualmente xoga na Ligue Nationale de Basket Pro A (LNB), a máxima categoría do baloncesto galo. No ano 2005 o club gañou o seu primeiro campionato da Copa de Francia.

Datos rápidos Información xeral, Nome ...
Remove ads

Historia

En 1984, o Basket Club Maritime de Gravelines naceu baixo o impulso de Albert Denvers, tenente de alcalde de Gravelines, e Yves Leprêtre, alcalde de Grand-Fort-Philippe, que propuxo a fusión dos seus dous clubs.[1] Tan só tres anos máis tarde, o BCM gañou o primeiro título na súa historia ao dominar a Nationale 2 (actual Pro B), mais non consegue ascender xa que ningún club ficou descendido durante a temporada 1986−87 da máxima categoría. Foi finalmente o 1 de maio de 1988 cando o Gravelines conseguiu entrar por vez primeira na Nationale 1 (actual Pro A), despois dun último partido de play-off contra o SLUC Nancy.

Despois de conseguir a permanencia durante dúas temporadas, o BCM clasificouse en 1990 para xogar a Copa Korać. O Gravelines vence na primeira rolda ao Nashua EBBC (89-72 e 74-67), mais cae na seguinte contra o Estudiantes Caja Postal (66-77 e 68-78). Após subir pouco a pouco na xerarquía do baloncesto francés, o club entra en dificultades económicas a partir de 1995. Coa chegada de Hervé Beddeleem á presidencia, o Gravelines recorre ás autoridades locais e convértese no terceiro poder financeiro do campionato de Francia detrás do Pau-Orthez e o ASVEL Villeurbanne (o seu orzamento duplicarase nuns poucos anos). En 2002, o club fusionouse co de Dunkerque para converterse no Gravelines Dunkerque Grand Littoral Basketball Club.

Despois de perder tres finais en dous anos (a Copa de Francia en 2003 contra Pau-Orthez, a Liga ao ano seguinte contra o mesmo club e a Supercopa de 2005 contra o SLUC Nancy), o BCM gaña a Copa de 2005 contra o Cholet por 91-79. Esta final mantívose igualada durante todo o tempo de xogo até que non últimos catro minutos o Gravelines fixo un parcial de 11-0 ao seu opoñente. Desde aquelas o club ocupa habitualmente as primeiras prazas da competición, aínda que sen conseguir volver gañar ningún título.

Ano a ano

Máis información Ano, Nivel ...
Remove ads

Xogadores

Destacados

  • Francia Hervé Dubuisson
  • Francia Andrew Albicy
  • Francia Georges Vestris
  • Francia Xavier Wallez
  • Alxeria Ali Bouziane
  • Lituania Dainius Adomaitis
  • Lituania Saulius Kuzminskas
  • Porto Rico John Holland
  • Estados Unidos Steve Burtt, Sr.
  • Estados Unidos Bobby Dixon
  • Estados Unidos Larry Lawrence
  • Estados Unidos Jerry McCullough
  • Estados Unidos George Montgomery
  • Estados Unidos J. R. Reynolds
  • Estados Unidos Lawrence Roberts
  • Estados Unidos Danny Strong
  • Estados Unidos K'Zell Wesson
  • Estados Unidos Tyson Wheeler

Títulos

Copa de Francia

  • Campións (1): 2005
  • Subcampións (2): 2003, 2010

Supercopa de Francia

  • Campións (2): 2011, 2013
  • Subcampións (2): 2005, 2012

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads