Baeza
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Baeza é unha vila andaluza pertencente á provincia de Xaén. En 2008 tiña 16 197 habitantes. É coñecida polo seu legado monumental, sendo declarada, xunto a Úbeda, cidade Patrimonio da humanidade pola Unesco e ser unha das tres sedes da Universidade Internacional de Andalucía.
Remove ads
Historia e características
Coñecida no romancero popular como Nido Real de Gavilanes, foi un punto clave na conquista de Al-Andalus polos reis cristiáns, ao servir de atalaia sobre o río Guadalquivir. A súa posesión asegurou as costas castelás e a ameaza para os reinos que estaban na ribeira esquerda do Gran Río.
Tanta importancia tivo a súa conquista, (1227), que o rei Fernando III decide que a partir dese momento a bandeira real, que logo sería a española, teña sobre si a aspa ou cruz de Santo André, pois atribúe ao apóstolo e á súa intercesión a milagrosa conquista. E durante séculos, ata Carlos III, será o símbolo distintivo das bandeiras españolas, e aínda hoxe o rei Xoán Carlos apoia todo o seu escudo na Cruz de Santo André, en cuxa festividade, 30 de novembro se conquistara a cidade de Baeza. Tres séculos despois a raíña Isabel I, medorenta de que a nobreza lle discutise o seu poder, mandou derrubar o seu Alcázar, do que só queda algún resto.
Remove ads
Galería
- Palacio de Jabalquinto
- Igrexa dla Santa Cruz
- Igrexa de San Pablo
- Fonte dos Leóns
- Fonte de Santa María
- Catedral
- Concello
- Claustro do Seminario do Concello, da sede Antonio Machado da Universidade Internacional de Andalucía
- Santa María fonte e catedral de Baeza
Véxase tamén
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Baeza ![]() |
Ligazóns externas
- Páxina oficial (en castelán)
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads