Carcasona

From Wikipedia, the free encyclopedia

Carcasonamap
Remove ads

Carcasona[1][2] (en francés: Carcassonne; en occitano: Carcassona [karkasuno]) é un concello francés localizado no departamento de Aude, na rexión Languedoc-Rosellón. É unha cidade que contaba con 43 950 habitantes no ano 1999, sendo a capital (préfecture) do seu departamento. É coñecido baixo o apelativo "la Cité de Carcassonne" (A Cidadela de Carcasona) un conxunto arquitectónico medievo moi ben conservado e rexistrado no patrimonio mundial da UNESCO dende o ano 1997.[3]

Datos rápidos Localización, Capital de ...
Remove ads

Historia

Historia antiga

Fundada durante o Período Galorromano, a cidadela recibe a súa reputación dos seus 3 km. de muros circundantes dobres intercalados por 52 torres.[4] A cidade ten uns 2.500 anos de historia e ocupouse en diferentes idades por romanos, visigodos e Cruzados. Ao comezo da súa historia era un asentamento galo, entón no século III d.C., os romanos decidiron transformalo nunha cidade fortificada.[5] As defensas romanas estaban en marcha no 333 d.C., cando a cidade é descrita como un castellum. Os muros orixinais estaban apoiados por entre 34 e 40 torres, espazadas entre 18 e 30 metros ao longo do muro cortina. Cada torre era de planta semicircular e tiña uns 14 metros de altura. Probablemente había 40 entradas principais á cidade.

As murallas galorromanas reconstruíronse durante a ocupación da vila polos visigodos nos séculos V e VI, pero a estrutura orixinal mantívose no seu lugar.

Bernard Aton IV Trencavel, vizconde de Albi, Nîmes e Béziers, iniciou un período de prosperidade para a cidade con numerosos proxectos de construcións. Durante este período, unha nova seita coñecida como Catarismo xurdiu en Languedoc. En 1096, o vizconde de Trencavel autorizou a construción da Basílica de Saint-Nazaire coa bendición do Papa Urbano II. En 1107, os cidadáns rexeitaron a súa soberanía e pediron a Ramón Berenguer III, conde de Barcelona que o destituira. Porén, coa axuda de Bertrand, Conde de Tolosa, Bernard Aton recuperou o control da Cidadela. En 1120, houbo unha segunda revolta, pero Bernard Aton restableceu a orde poucos anos despois. En 1130, comezou a construír un palacio para si e a restauración das fortificacións galorromanas. A Cidade de Carcasona rodeouse por primeira vez por unha fortificación completa.

Neste momento, a cidade tiña unha poboación de tres a catro mil habitantes, incluíndo os residentes dos dous asentamentos baixo os muros da Cité: o bourg Saint-Vincent ao norte e o bourg Saint-Michel ao sur da porta de Narbón.

En 1208, o Papa Inocencio III chamou aos baróns do norte a montar unha cruzada contra os cátaros, comezando coa Cruzada albigense. O conde de Tolosa, acusado de herexía, así como o seu principal vasalo, o vizconde de Trencavel, foron o principal obxectivo deste ataque. O 1 de agosto de 1209, a Cité foi asediada polos cruzados. Raimond-Roger Trencavel rendeuse rapidamente o 15 de agosto a cambio da vida dos cidadáns. A cidade arredor da Cité foi destruída e os cidadáns expulsados. O vizconde morreu de disentería no seu propio castelo o 10 de novembro de 1209.

As súas terras foron entregadas a Simon de Montfort, o líder dos cruzados. Cando morreu en 1218 no asedio de Tolosa, o seu fillo, Amaury de Montfort, tomou posesión da Cité, pero non puido mantela. Cedeuna a Lois VIII de Francia, pero Raimundo VII de Tolosa e os condes de Foix aliáronse contra el. En 1224, Raimond II Trencavel retomou a Cité. Porén, Lois VIII lanzou outra cruzada en 1226. A partir dese momento, a Cité converteuse nun dominio real. Sucedeu un período de terror, con numerosos masacres e a Inquisición.

Thumb
A Cité vista co Pont-Vieux, construída no século XIV e clasificada como monumento histórico desde 1926

Despois de 1226, engadiuse unha liña adicional de fortificacións fóra das murallas romanas. A cidade foi finalmente anexionada ao Reino de Francia en 1247 d.C. Proporcionou unha forte fronteira francesa entre Francia e a Coroa de Aragón. Durante este período, as murallas interiores romanas foron en gran parte derrubadas e substituídas, mentres que as novas murallas exteriores foron reforzadas e ampliadas cara ao sur. As novas torres construídas durante esta obra eran principalmente circulares, pero dúas eran cadradas. A construción continuou durante o reinado de Rei Filipe IV a principios do século XIV.[6]

En 1659, despois do Tratado dos Pireneos, a provincia de Rosellón pasou a formar parte de Francia e a cidade perdeu a súa importancia militar.[7] As fortificacións foron abandonadas e a cidade converteuse nun dos centros económicos de Francia, concentrándose na industria téxtil da lá.

A vella ponte de Carcasona sobre o río Aude.
Thumb
A Cidade de Carcasona (la Cité de Carcassonne), cidade fortificada.

Restauración

Thumb
La Cité de Carcassonne de Émile Roumens (c. 1900), Musée des Beaux-Arts de Carcassonne

En 1849 o Goberno de Francia decidiu que as fortificacións da cidade debían demolerse. Esta decisión foi enérxicamente rexeitada pola poboación local. Jean-Pierre Cros-Mayrevieille e a personalidade literaria Prosper Mérimée, ambos os dous destacados arqueólogos e historiadores, levaron a cabo unha campaña para preservar a fortaleza como monumento histórico. Posteriormente o goberno revogou a súa decisión e en 1853 comezaron os traballos de restauración. O arquitecto Eugène Viollet-le-Duc foi o encargado de renovar a fortaleza.[8] A obra de Viollet-le-Duc foi criticada durante a súa vida como inadecuada para o clima e as tradicións da rexión. Despois da súa morte en 1879, o traballo de restauración continuouno o seu alumno, Paul Boeswillwald, e máis tarde polo arquitecto Nodet.[9]

Thumb
Fogos artificiais para o Día da Bastilla en 2014
Remove ads

A lenda de Lady Carcas

Véxase tamén: Lady Carcas.

Lady Carcas é un personaxe lendario da cidade de Carcassonne.[10][11] Segundo a lenda, é a esposa de Ballak, o príncipe musulmán de Carcasona, que morreu en combate contra Carlomagno. A dama Carcas, tras a morte do seu marido, encargouse presuntamente da defensa da cidade contra o exército franco e repelíao. lady Carcas empregou primeiro un truco que consistía en facer soldados falsos, que fabricara e colocara en cada torre da cidade. O cerco durou cinco anos.

Pero a principios do sexto ano, a comida e a auga eran cada vez máis escasos. A señora Carcas quixo facer un inventario de todas as reservas que quedaban. A cidade era sarracena, polo que unha parte da poboación, sendo musulmá, non consumía carne de porco. Os veciños trouxéronlle un porco e unha bolsa de trigo. A ela tivo entón a idea de darlle de comer ao porco co saco de trigo e logo precipitalo dende a torre máis alta da cidade ao pé das murallas exteriores.

Carlomagno e os seus homes, crendo que a cidade aínda estaba chea de soldados e comida ata o punto de desperdiciar un porco alimentado con trigo, remataron co cerco. Ao ver que o exército de Carlomagno saía da chaira fronte á cidade, Lady Carcas encheuse de alegría polo resultado da súa artimaña e decidiu tocar todas as campás da cidade. Un dos homes de Carlomagno gritou entón: "¡Carcas está soando!", en francés "Carcas sonne!" creando así o nome da cidade.

Remove ads

Panorama

Thumb

Cidadela fortificada de Carcasona

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads