Barreiros
concello da comarca da Mariña Oriental, na provincia de Lugo From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Barreiros é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Mariña Oriental. Segundo o IGE en 2014 tiña 2994 habitantes (3244 no 2009, 3291 no 2006, 3294 no 2005, 3278 no 2004, 3323 no 2003). O xentilicio é barreirego ou barreirés.[1]
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Barreiros.
Remove ads
Poboación

Evolución da poboación de Barreiros Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 |
4394 | 4804 | 5197 | 4138 | 3278 | 3244 | 3166 | 3124 | 3061 | 2994 | 3021 | 2970 | 2948 | 2941 | 2934 | 2925 | 3001 | ||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Remove ads
Xeografía
O concello ten 72,4 km². Limita ó leste con Ribadeo, ó sur con Trabada e Lourenzá e ó oeste con Foz.
Hidrografía
A parte occidental do concello está bañada polo río Masma e a ría de Foz en que desemboca, así como polos pequenos regatos que desaugan neles. O resto de cursos fluviais do concello son curtos e desembocan directamente no mar Cantábrico. Unicamente o rego de Portobragán (formado pola confluencia do rego de Cambite e o rego da Fórnea) e mailo Rego das Teixeiras (ou dos Gambitos), na parroquia de Vilamartín Pequeno, pertencen á conca da ría de Ribadeo.
Praias
O litoral de Barreiros repártese entre os 8 km de cornixa cantábrica e os preto de 4 km que constitúen a beira oriental da ría de Foz. Aga a praia de Anguieira, que está na ría, os areais barreiregos dan en mar aberto. De oeste a leste, estes son o do Altar, San Bartolo e Remior na parroquia de San Cosme; Coto, Balea, Fontela e Lóngara en Benquerencia; A Pasada en San Miguel de Reinante; Arealonga entre San Miguel e Santiago de Reinante; e Moledo en Santiago de Reinante.

Remove ads
Patrimonio
En San Miguel de Reinante están a capela de Santo Estevo do Ermo e o monte Comado, onde se pode practicar paracaidismo. Na mesma parroquia celébrase o Festival Internacional Folclórico do Emigrante a primeira fin de semana de agosto.

No mesmo contorno de Santo Estevo está a fervenza homónima, conectada coa ermida e varias fontes por unha ruta a pé.
Barreiros na cultura popular
- Dígoche Sabela
- que o deño non dorme,
- embarquei pra Laxe
- fun quedando en Cosme.
(Refírese a San Cosme de Barreiros)
Galería de imaxes
- Artigo principal: Galería de imaxes de Barreiros.
- Casa do Concello, antes da reforma.
- Escultura na area na praia de Arealonga
- Igrexa de Santa Cristina de Celeiro de Mariñaos. Detalle
Parroquias
Lugares de Barreiros
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Barreiros vexa: Lugares de Barreiros.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads