Barro, Barro
parroquia civil do concello de Barro From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
San Breixo de Barro é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Barro. Segundo o INE en 2016 tiña 612 habitantes (312 mulleres e 300 homes), 32 menos ca en 2004. Ten sete entidades de poboación.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Barro.
Remove ads
Patrimonio
A igrexa parroquial de San Breixo está situada en Cangrallo. Ten planta rectangular, co corpo posterior máis elevado. O campanario central ten dous corpos, con base mensulada e cúpula octogonal nervada. En outubro celébrase a romaría de San Breixo de Barro[2].
O peto de ánimas de Porráns[3] é aberto, sen protección, de pedra, tiña un retablo policromado, pero na actualidade só conserva restos de cor ocre. O caixón de esmolas tamén desapareceu, quedando só o oco. Preside o conxunto unha figura de Cristo acompañado de San Francisco á dereita e da Virxe do Carme á esquerda. Suxéitaos unha corda, á cal se acollen cinco almas para librarse do lume que as atormenta.
Remove ads
Lugares e parroquias
Lugares de Barro
Lugares da parroquia de Barro no concello de Barro (Pontevedra) | |
---|---|
Barro | Búa | Os Caldos | Cangrallo | Costenla | O Curuto | Mane | A Maquieira | Monllo | O Pazo | Porráns | A Seca |
Parroquias de Barro
Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Barro | |
---|---|
Agudelo (San Martiño) | Barro (San Breixo) | Curro (Santa María) | Perdecanai (Santa María) | Portela (San Mamede) | Valiñas (Santo André) |
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads