Barro
concello da comarca de Pontevedra, na provincia de Pontevedra From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Barro é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Pontevedra. Segundo o IGE no ano 2016 tiña 3.746 habitantes (1.862 homes e 1.884 mulleres), o que representa un aumento respecto a 2005, cando contaba con 3.408 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é barrés ou barroso.[1]
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Barro.
Remove ads
Demografía

Evolución da poboación de Barro Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 |
5.267 | 5.245 | 6.442 | 4.975 | 3.380 | 3.583 | 3.668 | 3.724 | 3.712 | 3.705 | 3.726 | 3.746 | 3.699 | 3.716 | 3.680 | 3.623 | 3.622 | 3.637 | |
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Remove ads
Xeografía
Os seus límites son, polo sur, os municipios de Poio e Pontevedra, polo leste, o de Moraña; ao norte, o de Portas e, polo oeste, Meis.
Historia
Os primeiros restos humanos datan da cultura castrexa, atopados no castro Bandufe e Monte da Chan(Agudelo). Coa romanización a zona comezou a cobrar importancia, ao estar atravesada de norte a sur pola vía XIX (Aquis celenis) do itinerario de Antonino. Dita vía é paralela ou similar á vía portuguesa do camiño de Santiago e á estrada N-550.
Segundo o censo de Floridablanca, durante o antigo réxime as parroquias do actual concello de Barro pertencían á xurisdición de Peñaflor, na provincia de Santiago. Trala constitución española de 1812 e a demarcación dos concellos, Barro pertenceu ao municipio de Trasumia e ao partido xudicial de Caldas de Reis. En 1822, cando Galiza pasou a ter 4 provincias, seguiu existindo o concello de Trasumia. Foi suprimido polo Decreto de Fernando VII do 1 de outubro de 1823, que retomaba a organización do Antigo Réxime.
O 23 de xullo de 1835 dispúxose por real Decreto a formación de novos concellos. O 23 de agosto de 1835 propúxose a creación do concello de Barro, con sete parroquias e 2.459 habitantes. Unha vez constituída a Deputación de Pontevedra, o 22 de xuño de 1836 propuxo que o concello de Barro tivese seis parroquias, pasando a de Romai ao concello de Portas. O concello quedou finalmente constituído no Boletín Oficial da Provincia do 3 de decembro de 1836.
A capital do concello estivo en Porráns até 1900, cando pasou a Santo Antoniño.
Patrimonio histórico-artístico
- Petróglifos do monte Bazar, en Portela. Son tres conxuntos, denominados de Castro Loureiro, de Outeiro de Codeso e do Outeiro da Pedra Mirtada.
- Castros de Barro e de Randulfe.
- Vía romana XIX, Aquis Celenis.
- Igrexa románica de San Martiño de Agudelo, da segunda metade do século XII, moi modificada posteriormente.
- Igrexa de Santa María de Curro, de comezos do XVI en estilo oxival tardío.
Tamén existen pazos (como o da Crega, en Santo Antoniño, Perdecanai), cruceiros e muíños.
O Camiño Portugués cruza o concello de sur a norte, en paralelo á estrada N-550. Na parroquia de Portela existe un albergue de peregrinos adaptado sobre unha vella escola.
Neste concello ten a súa sede a Banda de música Xuvenil de Barro, formada no ano 1992.
A festa do patrón do concello, San Martiño, celébrase o 11 de novembro. O primeiro domingo de outubro celébrase a romaría de San Breixo, avogoso contra a reuma. O terceiro domingo de xuño celébrase a festa do viño de Barro, fundada a finais da década de 1970.
Remove ads
Patrimonio natural
Destaca o Parque da Natureza do Río Barosa, unha carballeira en desnivel pola que baixa a fervenza que forma o río Barosa, que se aproveitaba antigamente mediante dezasete muíños, algúns deles rehabilitados. O espazo tamén está axeitado para as visitas como zona de lecer.
Galería de imaxes
- Artigo principal: Galería de imaxes de Barro.
- Capela do pazo da Crega
- Fervenza e muíños no río Barosa
- Muíños de auga
- Fervenza e muíños no río Barosa
Parroquias
Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Barro | |
---|---|
Agudelo (San Martiño) | Barro (San Breixo) | Curro (Santa María) | Perdecanai (Santa María) | Portela (San Mamede) | Valiñas (Santo André) |
Lugares de Barro
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Barro vexa: Lugares de Barro.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads