Basidio

From Wikipedia, the free encyclopedia

Basidio
Remove ads

Un basidio, latín basidium (pl. en latín, basidia) é un órgano dos fungos do filo dos basidiomicetos, encargado de producir as esporas[1]. É unha estrutura microscópica produtora de esporas atopada nos himenóforos dos corpos frutíferos dos fungos basidiomicetos. O basidio adoita portar catro esporas sexuais chamadas basidiosporas; ocasionalmente o número pode ser dous ou incluso nove. Nun basidio típico, cada basidiospora aparece na punta dunha prolongación ou corno chamada esterigma que é baleirada na madurez.

Thumb
Esquema dun fungo basidiomycota, estrctura de lamelas, e dos basidios nas marxes das lamelas.

A verba basidium quere dicir literalemnte pequeno pedestal, pola forma pola que o basidio sostén as esporas. Porén, algúns biólogos suxestionan que a estrutura máis ben parece unha clava. Un basidio inmaturo coñécese coma basidiolo.

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads