BeOS
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
BeOS é un sistema operativo privativo para computadoras que comezou a desenvolver a compañía Be Inc. na década de 1990 para as súas computadoras BeBox[1] e que se deixou de desenvolver en 2012.
Remove ads
Deseñouse buscando que fose un escritorio para o deseño gráfico e que tivese unha interface gráfica clara e fácil de empregar. Incluíu o sistema de ficheiros BFS, que contaba con rexistro de transaccións de ficheiros de 64 bits, e multiprocesado simétrico.[2][3]
A comezos do 2000 BeOS chegou a colocarse como unha plataforma multimedia con posibilidades de competir con macOS ou Microsoft. Mesmo Apple chegou a considerar a súa adquisición para formar a base de Mac OS X.[4]
Porén, BeOS nunca acadou unha porcentaxe de uso importante e Be Inc. foi comprada por Palm Inc. En 2012 liberouse o código fonte de BeOS e o seu desenvolvemento continuou grazas a un grupo reducido de desenvolvedores, sen finalidade comercial. A ese novo proxecto é de código aberto déuselle un novo nome: Haiku.[5]
Remove ads
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads