Bella Hadid
Modelo estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Isabella Khair Hadid, nada nos Ánxeles (Estados Unidos) o 9 de outubro de 1996,[1] é unha modelo de moda estadounidense, máis coñecida como Bella Hadid. Asinou con IMG Models no 2014. Foi nomeada "Modelo do Ano" por GQ no 2016. En xuño de 2016, Hadid foi clasificada no un das 50 mellores modelos por Modelos.com.[2]
Remove ads
Traxectoria
Hadid naceu e criouse nos Ánxeles,[3][4] filla de Mohamed Hadid e a modelo Yolanda Hadid. A súa nai é holandesa-americana, e o seu pai é de orixe palestina.[5] Hadid ten dous irmáns, unha irmá máis vella chamada Gigi, quen é tamén unha modelo, e un irmán máis novo, Anwar. Ten dous medio-irmás máis, Marielle e Alana.[6]
Hadid e os seus irmáns criáronse nun rancho en Santa Barbara e máis tarde mudaríanse a Malibú mentres aínda estaba na escola elemental.[7]
Sendo adolescente, Hadid foi xinete e tivo opcións para asistir ós Xogos Olímpicos de 2016 en Río de Xaneiro, mais tivo que deixar a competición en 2013 por mor de sufrir a doenza de Lyme.[8][9][10] Non foi anunciado que padecía Lyme até outubro de 2015.[11] Foi diagnosticada coa enfermidade no 2012.[12]
En outono de 2014, Hadid mudouse á cidade de Nova York e empezou a estudar fotografía na Escola de Deseño Parsons, asinando con IMG pouco antes. Dende entón deixou a un lado a escola por mor do seu éxito na carreira de modelo. Expresou o seu interese de volver a escolar e retomar a fotografía de moda como carreira unha vez é feita a de modelo.[13] Hadid tamén expresou interese na escritura e na interpretación.
Remove ads
Filmografía
Televisión
Curtametraxes
Vídeos musicais
Remove ads
Vida persoal
O 22 de xullo de 2014, Hadid foi arrestada por conducir baixo a influencia do alcohol.[17] A licenza do seu carné foi suspendida por un ano e foi condenada a seis meses de liberdade condicional.[18] Hadid tamén foi sentenciada a realizar 25 horas de servizo comunitario e asistir a 20 horas de reunións de Alcohólicos Anónimos.[19]
Hadid comezou unha relación co cantante canadense The Weeknd a comezos de 2015; a parella foi vista xunta por primeiro vez en abril en Coachella.[20][21] Hadid protagonizou o seu vídeo musical "In the Night" en decembro de 2015. Fixeron a súa apararición xuntos na alfombra vermella nos Grammys en febreiro de 2016.[22] En novembro de 2016, a parella rompeu.[23]
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads