Pobo palestino
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Os palestinos[8] (árabe: الفلسطينيون, al-Filasṭīniyyūn, hebreo: פָלַסְטִינִים ), tamén coñecidos como pobo palestino (árabe: الشعب الفلسطيني, ash-sha‘b al-Filasṭīnī), ou árabes palestinos (árabe: العربي الفلسطيني, al-'arabi il-filastini), son un grupo etnonacional[9][10][11][12][13][14][15] que abrangue os modernos descendentes dos pobos que viviron en Palestina durante séculos, incluíndo xudeus e samaritanos, e que hoxe son cultural e lingüisticamente árabes.[16][17] Malia os diversos conflitos e éxodos (como o de éxodo de 1948), case a metade da poboación palestina no mundo segue a residir na Palestina histórica, que comprende Cisxordania, a Franxa de Gaza e Israel.[18] Nesta área combinada, no ano 2005, os palestinos constituían o 49% de tódolos habitantes,[19] que abrangue toda a poboación da Franxa de Gaza (1,865 millóns),[20] a maioría da poboación de Cisxordania (arredor de 2 785 000 contra os 500 000 xudeus de nacionalidade israelí), e o 20,8% da poboación de Israel.[21][22] Moitos palestinos son refuxiados ou desprazados internamente, e representan máis dun millón de persoas na Franxa de Gaza,[23] tres cuartos dun millón en Cisxordania,[24] e un cuarto de millón en Israel. Da poboación palestina que vive fóra de Palestina, coñecida como diáspora palestina, máis da metade son apátridas sen cidadanía.[25] Entre 2,1 e 3,24 millóns de palestinos na diáspora viven na veciña Xordania,[26][27] máis dun millón viven entre Siria e o Líbano, un cuarto de millón en Arabia Saudita, e medio millón en Chile, sendo a maior concentración de palestinos fóra do Mundo árabe.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads