Bellis

xénero de plantas From Wikipedia, the free encyclopedia

Bellis
Remove ads

Bellis (chamadas comunmente margaridas[1]) é un xénero de 10 especies e unha parella de sub-especies aceptadas, das case 125 descritas, de plantas herbáceas da familia das asteráceas, a máis coñecida das cales é a margarida común ou europea, Bellis perennis.[2][3]

Máis información Margaridas (xénero Bellis), Clasificación científica ...
Remove ads

Descrición

Caracterízanse por formar rosetas basais de follas ovais ou espatuladas sobre rizomas rastreiros; deles agroman un ou máis talis florais, no cales se produce unha inflorescencia terminal, a miúdo de forma discoidal. Adoitan ser heliotrópicas, fechándose a flor pola noitiña e tornando a se abrid de mañá cedo.

Distribución

Son oriundas do centro e oeste de Europa, onde medran bravas. A especie máis estendida é B. perennis, que acada a península Escandinava, e colonizou América do Norte seguindo aos emigrantes europeos.

Taxonomía

O xénero foi descrito por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum, vol. 2, p. 887 en 1753 .[4]

Táxones aceptados

  • Bellis annua L.
    • Bellis annua ssp. annua
    • Bellis annua ssp. minuta
  • Bellis azorica Hochst.
  • Bellis bernardii Boiss. & Reut.
  • Bellis caerulescens (Cosson) Coss. ex Ball
  • Bellis dubia Spreng.
  • Bellis hyrcanica Woronow
  • Bellis longifolia Boiss. & Heldr.
  • Bellis perennis L. - margarida común
  • Bellis rotundifolia (Desf.) Boiss. & Reut.
  • Bellis sylvestris Cirillo

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads