Benni McCarthy
futbolista sudafricano From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Benedict Saul McCarthy máis coñecido como Benni McCarthy, nado o 12 de novembro de 1977 en Cidade do Cabo (Suráfrica) é un exfutbolista que xogaba na demarcación de dianteiro centro, e un adestrador de fútbol.
Remove ads
Traxectoria
Moi xove destacou no equipo surafricano Seven Stars e fichou polo Ajax Amsterdam, co que gañou o Campionato holandés e a Copa de Holanda na tempada 1997-98. Ao ano seguinte o equipo repetiría título gañando a Copa.
No verán de 1999 chegou ao Celta de Vigo, ao igual que os tamén dianteiros Iván Kaviedes e Mario Turdó, onde se fixo coa titularidade dende o primeiro momento. Porén, foi perdendo peso no equipo co paso das tempadas, destacando a diferenza de rendemento entre as pretempadas e a tempada propiamente dita, onde non rendía como se agardaba del.
Coa chegada de Catanha mediada a tempada 2001/02 foi cedido ao FC Porto de José Mourinho, onde realizaría unha fantástica segunda parte de campionato, marcando 12 goles en 11 encontros. Porén o seu regreso a Vigo volveu ser decepcionante.
Ao rematar este segundo período en Vigo, e tras catro tempadas nas que disputou 66 encontros e marcou 10 goles, foi definitivamente traspasado ao FC Porto.
No equipo portugués tomou parte dunha das mellores tempadas da historia do club, conquistando o Campionato portugués, a Liga de Campións e a Supercopa de Portugal, sendo McCarthy o máximo goleador da Liga portuguesa con 20 goles e marcando 4 goles máis na Copa de Europa.
Ao ano seguinte o seu rendemento baixou, marcando 11 goles. Ao inicio da tempada 2005-06 manifestou o seu desexo de xogar na Premier League, pero non o conseguiu ata o ano seguinte, cando fichou polo Blackburn Rovers. En febreiro de 2010 foi traspasado ao West Ham, de onde se foi un ano despois ao Orlando Pirates de Suráfrica sen marcar ningún gol.
Remove ads
Clubs
Palmarés
Campionatos nacionais
Campionatos internacionais
Distincións individuais
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads