Copa dos Países Baixos

competición de fútbol dos Países Baixos From Wikipedia, the free encyclopedia

Copa dos Países Baixos
Remove ads

A Copa dos Países Baixos, oficialmente Copa KNVB (en neerlandés: KNVB Beker), chamada por motivos de patrocinio TOTO KNVB Beker, é unha competición de fútbol dos Países Baixos, organizada pola Real Federación de Fútbol dos Países Baixos (KNVB) desde 1898.[1] Dispútana todos os equipos das catro primeiras categorías do fútbol neerlandés (Eredivisie, Eerste Divisie, Tweede Divisie e Derde Divisie), así como os 24 semifinalistas (ou substitutos) das seis Copas de Distrito. As finais do torneo xóganse tradicionalmente no estadio Feijenoord de Rotterdam. Os gañadores da Copa disputan a Supercopa dos Países Baixos contra os vencedores da Eredivisie.

Datos rápidos Tipo, Organizador ...
Remove ads

Historia

A competición foi concibida durante unha reunión da directiva da Real Federación de Fútbol dos Países Baixos, na Haia, o 19 de xaneiro de 1898. A primeira edición do torneo tivo lugar na tempada seguinte, 1898/99. A primeira final xogouse o 9 de maio de 1899 entre o RAP Amsterdam e o HVV Den Haag, e rematou cunha vitoria por 1-0 para o equipo da capital, grazas a un gol de Julius Hisgen na prórroga. En 1946, o trofeo pasou a ser de prata, manténdose así ata a actualidade. En 2018 encargouse un trofeo de cor dourada para conmemorar a 100ª edición do torneo.[2]

Cambios de nome

O nome do torneo cambiou varias veces ao longo da historia, por motivos de patrocinio. A partir de 1995, a ata entón Copa KNVB pasou a ser chamada Copa Amstel debido ao patrocinio da cervexeira Amstel. En 2005 foi renomeada como Copa Gatorade trala chegada da marca de bebidas enerxéticas Gatorade como novo patrocinador. En 2006 a competición recobrou o nome de Copa KNVB, aínda que Gatorade continuou como patrocinador principal.

O 12 de xaneiro de 2018, anunciouse que TOTO sería o patrocinador principal ata a tempada 2021/22, pasando a competición a chamarse Copa TOTO KNVB con efecto inmediato.[2]

Competición europea

Ata 1998, o gañador da copa entraba directamente na Recopa de Europa da tempada seguinte. Trala supresión dese torneo, o gañador accede á UEFA Europa League. Se o equipo vencedor terminou entre os dous primeiros postos da Eredivisie e conseguiu entrar así na Liga de Campións da UEFA, o posto da Copa transfírese á Eredivisie desa tempada.

Remove ads

Palmarés

Tempada a tempada

Máis información Tempada, Campión ...
Thumb
O trofeo entregado ao equipo vencedor.

Títulos por club

Máis información Club, Títulos ...

Notas

  1. Inclúe dous títulos do segundo equipo.
  2. Inclúe un título do segundo equipo.
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads