Bernard Lagat
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Bernard Lagat nado o 12 de decembro de 1974 en Kapsabet, no Val do Rift, é un corredor Kenyano nacionalizado estadounidense, especialista en media e longa distancia.
Remove ads
Traxectoria
Estudou na Jomo Kenyatta University of Agriculture and Technology de Nairobi e na Washington State University. No ano 2000 foi bronce nos 1500 metros dos Xogos Olímpicos de Sydney 2000.[2]
Non participou no Campionato do Mundo de atletismo de París 2003 por dar positivo por EPO,[3] pero a contraanálise deu negativa e non foi sancionado.[4] Nos Xogos do 2004 en Atenas gañou a prata, tamén en 1500 metros.
No ano 2005 anunciou a súa nacionalización como cidadán dos Estados Unidos. O cambio de nacionalidade comportou non poder participar no Campionato do Mundo do 2005. Coa súa nova nacionalidade gaña dúas medallas de ouro no Campionato do Mundo de Osaka 2007, nas probas de 1500 e 5000 metros lisos.[5]
Lagat era un dos favoritos nos Xogos Olímpicos de Pequín 2008 pero na proba de 1500 metros non puido pasar de semifinais.[6] Foille mellor na proba de 5000 metros,[7] pero ó final só logrou unha pobre novena posición. Nos Campionatos do Mundo de Berlín 2009 gañou dúas medallas de prata e bronce, e en marzo de 2010 unha de ouro nos 3000 do campionato en pista cuberta, para completar o seu brillante palmarés.
Remove ads
Mellores marcas
Remove ads
Galería de imaxes
Meta dos 1500, Osaka 2007. En Osaka celebrando os 1500. Chegada dos 5000 en Osaka.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads