Bernardo Penabade

filólogo e profesor galego From Wikipedia, the free encyclopedia

Bernardo Penabade
Remove ads

Bernardo Penabade Rei, nado nas Grañas do Sor (Mañón) o 12 de xullo de 1964, é un profesor e escritor galego.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...

Traxectoria

É licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela. Traballou na área audiovisual en empresas vinculadas á TVG no momento en que esta comezaba as súas emisións. Ademais do sincronizado e da dobraxe de filmes e series televisivas, ocupouse da tradución de guións (especialmente de programas destinados ao público infantil). Tamén desenvolveu un importante labor de dinamización cultural na Residencia Universitaria do Burgo das Nacións,[1] foi un dos impulsores do colectivo de estudantes que organizou numerosos cursos e conferencias e que convocou o Certame Literario. Despois dun breve período de docencia no Colexio Paulo VI da Rúa, foi profesor no IES Otero Pedrayo de Ourense, no Johan Carballeira de Bueu, no de Ortigueira[2] e no IES Vilar Ponte de Viveiro. Desde 2003 deu clases de Lingua e Literatura Galegas no IES Perdouro de Burela[3] ata a súa xubilación en 2024.[4]

Entre 1997 e 1998 foi colaborador habitual de Volvoreta, o suplemento do xornal El Correo Gallego para a comunidade universitaria de Compostela, publicando noticias de libros e entrevistas a escritores galegos[5].

Ten participado en numerosos congresos con relatorios publicados sobre lingüística, sociolingüística e didáctica. Traballos seus poden lerse nas revistas Agália, A Nosa Terra e Novas da Galiza, ben como nas actas de diversas reunións de carácter científico.

Dende 1983 é membro da Associaçom Galega da Língua, colectivo a prol do reintegracionismo e entre xullo de 2001 e 2007 foi o seu presidente. Co seu acceso á presidencia rompeuse unha traxectoria máis culturalista da AGAL e o grupo reintegracionista deu pasos na súa dimensión pública, como a participación na constitución da Assemblia da Língua, ensaio de plataforma de traballo conxunto de todos os grupos reintegracionistas, ou como a inauguración dun local de seu. Tamén se impulsaron o Portal Galego da Língua e o dicionario e-Estraviz.

Desde 2008 impulsa o Modelo Burela,[6][7][8] primeiro proxecto de planificación lingüística aprobado por unanimidade nunha vila galega e orientado á comunidade procedente de Cabo Verde. Desde 2012 coordina en Radio Burela[9] o programa radiofónico Proxecto Neo,[3][10][11][12][13] centrado nas experiencias de persoas neofalantes do noso idioma. Este programa (posteriormente reemitido polas emisoras comunitarias Cuac FM e Rádio Filispim) está realizado polo alumnado do IES Perdouro.

Desde 2021 é membro da Comisión Técnica do Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia do Consello da Cultura Galega.[14]

Tamén realizou a revisión lingüística, entre outros, de dous libros do profesor Antón Niñe.[15][16]

Remove ads

Obra publicada

  • Penabade Rei, Bernardo (2000). "Alguns usos conflitivos da preposiçom 'a' nos complexos verbais". En Rodríguez Fernández, José Luis. Estudos dedicados a Ricardo Carvalho Calero. 1. A obra de Ricardo Carvalho Calero; Lingüística. Universidade de Santiago de Compostela. pp. 743–757. ISBN 84-8121-827-8.
  • Penabade Rei, Bernardo; Fraga Celeiro, Xoan Carlos (1 de xuño de 2003). Lingua e Literatura. 3º ESO. A Nosa Terra. p. 248. ISBN 8496203026.
  • Penabade Rei, Bernardo (1 de junio de 2003). Lingua e Literatura. 4º ESO. A Nosa Terra. p. 204. ISBN 8496203034.
  • Penabade Rei, Bernardo (2004). "Estratégias para a recuperaçom lingüística no ensino". En Marco López, Aurora; Aradas Carollo, Elva; Vieito Carollo, Fernando; Couto-Cantero, Pilar. Actas del VII Congreso Internacional de la Sociedad Española de Didáctica de la Lengua y la Literatura 1. Deputación da Coruña. pp. 435–446. ISBN 84-95950-92-8.
  • Martins Estévez, Higinio; Gonçalves Vicente, Ângelo; Penabade Rei, Bernardo (2008). Orgulho galego na diáspora: conversa com Higino Martins Estêvez. Fundación Comarcal O Baixo Miño. p. 73.
  • Penabade Rei, Bernardo (2013). Conversas con Isaac Alonso Estraviz [Conversaciones con Isaac Alonso Estraviz]. Através Editora. p. 239. ISBN 978-84-87305-75-7.
  • Outra voz na procura da emancipaçom nacional: Ricardo Flores, Educaçom e informaçom objectivas: dous direitos lingüísticos e As relaçons transfronteiriças no currículo académico in «Agália. Revista de Humanidades e Ciências Sociais».[17]

Obras colectivas

Remove ads

Premios

  • 2023: Premio Meendinho: “são muitas as razões para Bernardo Penabade levar este prémio, a começar pelo facto de ser com certeza, um exemplo de reintegracionismo coerente para todas as galegas e galegos, com o seu  compromisso com a Galiza e a sua língua”.[18]

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads