Xabier Cordal
poeta e escritor galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Xabier Cordal Fustes, nado na Coruña o 27 de novembro de 1965, é un escritor galego.
Remove ads
Traxectoria
Licenciado en Filoloxía Galega pola Universidade de Compostela. Desde 1989 exerce como profesor de Lingua e Literatura galegas, actualmente no IES da Terra Chá en Castro Ribeiras de Lea.[1] Reside no Corgo.[2]
Como escritor destaca a súa produción poética. Foi un dos integrantes do grupo poético Ronseltz (Unicornio de cenorias que cabalgas os sábados, 1994) e formou parte das Redes Escarlata (Xuro que nunca volverei pasar fame, 2003) . Fixo crítica literaria e colaboracións xornalísticas no xa extinto O Correo Galego (dentro do suplemento Revista das Letras) e en Galicia Hoxe. Tamén colaborou en varias publicacións periódicas como A Trabe de Ouro[2] e como articulista de opinión no xornal dixital Vieiros[3]. Mantivo os blogs Monte Alto e Centeás (2010-2014).
Foi ademais autor do guión do filme A mariñeira e letrista do grupo musical Luar na Lubre ("Memoria da noite" ou "Centeás" levan a súa sinatura).
En 2022 participou en Rosalía en Camiño. Diálogos literarios multilingües, celebrados en Padrón, Santiago e Pontevedra. Organizados pola Fundación Rosalía de Castro.[4]
Remove ads
Obras
Poesía
- Arianrod (1993). A Coruña: Baía. 155 páxs. ISBN 978-8487674280.
- Fruto do teixo (1994). Sada: Ediciós do Castro. 51 páxs. ISBN 9788474927337.
- Afásia (1997). Baía: A Coruña. 120 páxs. ISBN 978-8489803039.
- A vella peneira a noite (2001). Baía: A Coruña. 80 páxs. ISBN 978-84-89803-81-7.
- transmuta (2012). Vigo: Xerais. 80 páxs. ISBN 978-84-9914-350-7.
- resistencia da auga (2018). Santiago de Compostela: Chan da Pólvora Editora[5] 86 páxs. ISBN 978-8494856532.
Traducións
- resistencia del agua (2023), Baile del Sol Ediciones[6], 164 páxs. ISBN 9788418699870
Narrativa
- Relatos para televisión (2019). Vigo: Xerais.[7] 168 páxs. ISBN 978-84-9121-458-8. ePub: ISBN 978-84-9121-472-4.
Ensaio
- "A ideoloxía reintegracionista (notas de filoloxía política 2.0)"en A Trabe de Ouro, nº 79.
Como editor
- Enciclopedia perplexidade (escolma 1976-2023) de Antón Reixa, Faktoría K de Libros, 2024.
Obras colectivas
- Concurso Nacional de Poesía O Facho (1978-1989), 1990, Ediciós do Castro.
- Congresso Álvaro Cunqueiro: Actas (1993). Deputación de Lugo. Coordinador da edición, con Araceli Herrero Figueroa, Bernardo Penabade e Ramom Reimunde Noreña.
- Unicornio de cenorias que cabalgas os sábados (Ronseltz) (1994). Positivas.
- XIV Festival da Poesia no Condado (1994) Salvaterra de Miño: Ed. Sociedade Cultural e Desportiva do Condado. (libro colectivo de poesía)
- dEfecto 2000. Antoloxía de poetas dos 90 (1999). Santiago: Ed. Letras de Cal.
- Alma de beiramar (2003). Asociación de Escritores en Lingua Galega.
- Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra (2002). Culleredo: Espiral Maior.
- Xuro que nunca volverei pasar fame. Poesía escarlata (2003). Difusora Ed.
- Polifonías II. Voces poéticas contra a violencia de xénero (2007). Espiral Maior.
- 55 mentiras sobre a lingua galega (2009). Laiovento.
- En defensa do Poleiro. A voz dos escritores galegos en Celanova (2010). Toxosoutos.
- Cociñando ao pé da letra (2011). Galaxia. Colaboración con varios autores sobre poesía e cociña.
Xabier Cordal no Premio da Crítica 2013. - Premios Terras de Chamoso (2007-2009) (2011). Asociación Cultural Arumes do Corgo.
- A cidade na poesía galega do século XXI (2012). Noia: Toxosoutos.
- Versus cianuro. Poemas contra a mina de ouro de Corcoesto (2013). A. C. Caldeirón.
- De Cantares Hoxe. Os Cantares Gallegos de Rosalía de Castro no século XXI (2015). Fundación Rosalía de Castro/Radio Galega).
Remove ads
Premios
- Gañador do Concurso Nacional de Poesía O Facho no 1988, por "Estamos de festa".
- VI Premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón no 1993, por Fruto do teixo.
- Premio da Crítica Galicia de Creación literaria en 2013, por transmuta.[8]
Vida persoal
É pai de Sabela e Estevo Cordal Vidal.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads