Beth Rodergas

cantante española From Wikipedia, the free encyclopedia

Beth Rodergas
Remove ads

Elisabeth Rodergas Cols, máis coñecida como Beth, nada en Súria, Barcelona, o 23 de decembro de 1981, é unha cantante e actriz catalá.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

O seu afán por coñecer mundo levouna a realizar varias viaxes por distintos lugares do mundo, entre eles a diversos países africanos onde participou en misións humanitarias. Viviu no Reino Unido e estudou teatro musical en Barcelona.

O seu soño dende pequena era ser cantante e Operación Triunfo brindoulle esa oportunidade. O paso para presentarse ó famoso concurso deuno grazas ás actividades que se realizaban na mesma academia. Quedou clasificada a terceira na segunda edición de Operación Triunfo, pero o público elixiuna para representar a España no Festival de Eurovisión 2003, en Riga, coa canción "Dime", que acabou en oitavo lugar.

Tamén compuxo (letra e música) a canción "On és l’amor?" para a serie de TV3 Mar de Fons. Beth debutou como actriz de teatro en novembro de 2006 coa comedia Pels pèls no Teatre Borràs de Barcelona. Tamén obtivo o papel de Carmensita na obra Tirant lo Blanch. Grazas a este papel foi nomeada ós premios Max.

É actualmente a imaxe comercial da firma SEYART Jewels. Dende 2008 interpreta o papel de Rosa na serie Lalola de Antena 3.

Remove ads

Discografía

Álbums

Máis información #, Título ...
  • Otra realidad (2003)
Máis información #, Título ...
  • Palau de la Música Catalana (2004)

CD1

Máis información #, Título ...

CD2

Máis información #, Título ...
  • My Own Way Home (2006)
Máis información #, Título ...

Sinxelos

  • "Dime" (Eurovision Song Contest 2003) (2003).
  • "Parando el tiempo" (2003).
  • "Otra realidad" (2004).
  • "Estás" (2004).
  • "La luz (Live)" (2004).
  • "Rain On me" (2006).
  • "All These Things" (2007).
Remove ads

Aparicións

Teatro

Beth tivo a oportunidade de ser actriz de dúas obras de grande éxito en Cataluña.

  • Pels Péls (2006-2007).
  • Tirant lo Blanc (2007-2008).

Televisión

  • LaLola (Antena 3) 2008-
  • Mar de Fons (Tv3 Cataluña) 2007-
  • Temps de Neu (Canal 33) 2006-
  • El club (Tv3 Cataluña) 2004-

Véxase tamén

Ligazóns externas

Predecesor:
"Europe's living a celebration"
Rosa López

España no Festival de Eurovisión

2003
Sucesor:
"Para llenarme de ti"
Ramón
Remove ads
Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads