Biocida
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Os biocidas poden ser substancias químicas sintéticas ou de orixe natural, ou microorganismos, destinados a destruír, contrarrestar, neutralizar, impedir a acción ou exercer un control doutro tipo sobre calquera organismo ou microorganismo considerado nocivo para o home.[1]

Mecanismos de acción
As substancias biocidas polo xeral actúan a nivel da membrana celular dos organismos, penetrándoa e destruíndo os sistemas que lle permiten vivir. O biocida provoca a lise da parede proteica ou lipoproteica do organismo e penetra no seu interior interrompendo as reaccións bioquímicas que sustentan a vida no organismo.
Tipos de biocidas
Pódense presentar de tres formas:
- Físicos: fontes de radiación de alta enerxía (luz, radiación UV) que oxidan a parede proteica e practicamente queiman as células do microorganismo.
- Biolóxicos: substancias creadas por organismos superiores para autodefensa; xeralmente son de tipo proteico (enzimas; por exemplo, a lisozima).
- Químicos: poden ser, á súa vez, inorgánicos ou de síntese orgánica. Por exemplo: dióxido de cloro (ClO2), isotiazolinas, cloraminas, bromuros de alquilo, cloruros de alquilo ou arilo, etc.
Remove ads
Condicións dun bo biocida
- Debe ter un amplo espectro de actividade, é dicir, debe cubrir unha ampla gama de microorganismos (bacterias, virus e fungos).
- Efectivo a baixa concentración: canto máis baixa sexa a dose, máis económico resulta o tratamento.
- Efectivo nun amplo rango de pH.
- Solúbeis en auga.
- Compatíbel con outras especies químicas no medio.
- Alta persistencia: debe ser efectivo a través do tempo.
- Fácil de neutralizar: debe posuír mecanismos desactivadores para a súa posterior neutralización.
- Baixa toxicidade humana: non debe ser prexudicial na súa manipulación segura por parte do operador.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads