Birgit Nilsson
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Birgit Nilsson (nada Svensson), nada en Västra Karups (Suecia) o 17 de maio de 1918 e finada o 25 de decembro de 2005 en Bjärlöv (Suecia), foi unha soprano dramática sueca, considerada a mellor soprano wagneriana do seu tempo.[1] Formada musicalmente en Estocolmo, logo do seu debut en 1946 Nilsson cantou na maioría dos grandes teatros de ópera do mundo un repertorio que incluía compositores como Verdi, Puccini e Strauss, antes de retirarse en 1982.[2]
En 1958 foi invitada a abrir a tempada do Teatro alla Scala de Milán, un honor adoito reservado a cantantes italianos.[3]
Nilsson morreu aos 87 anos o 25 de decembro de 2005 na súa casa de Bjärlöv, unha pequena vila próxima a Kristianstad en Escania, a mesma provincia que a viu nacer. Non se deu a coñecer ningunha causa da morte. Foi sobrevivida polo seu marido, Bertil Niklasson (finado en marzo de 2007), un cirurxián veterinario que coñecera nun tren e co que casara en 1948. Non tiveron descendencia.[3]
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads