Flybe
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Flybe é a aeroliña rexional independente máis grande de Europa. Está baseada en Exeter e opera máis voos domésticos no Reino Unido que calquera outra compañía. Transporta ao redor de 7 millóns de pasaxeiros anualmente en 149 rutas a 62 destinos de 9 países, conectando con centros de conexión de longa distancia en Manchester, Birmingham, París, Dublín e Ámsterdam. É membro da European Regions Airline Association.[1] A compañía nai de Flybe é Flybe Group PLC (anteriormente coñecida como Walker Aviation Limited), que cotiza na bolsa de Londres.
A aeroliña naceu en 1979 como Jersey European Airways tras a fusión de Intra Airways e Express Air Services. No ano 1983 foi vendida ao Walker Steel Group, que tamén era dona de Spacegrand Aviation, e as dúas aeroliñas uníronse baixo o nome de Jersey European en 1985. Jersey European foi rebautizada como British European no ano 2000 (acurtado a "BE"), e recibiu o seu nome actual en 2002.
Remove ads
Frota
En xullo de 2017 a frota de Flybe estaba formada polos seguintes avións:[2]
Remove ads
Véxase tamén
Ligazóns externas
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads