Breaking Circus

From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

Breaking Circus foi unha banda estadounidense de post-punk dos anos 80 baseada en Chicago e posteriormente en Minneapolis, fundada polo guitarrista e vocalista Steve Björklund.

Datos rápidos Orixe, Período ...
Remove ads

Historia

Björklund tocou a guitarra e cantou na banda de punk rock de Chicago Strike Under despois dun breve período no grupo Terminal Beach.[1] Breaking Circus foi o seu seguinte proxecto, orixinalmente co baixista Bruce Lange e unha caixa de ritmos Roland TR-606.[2] Breaking Circus asinou un contrato con Homestead Records para o seu primeiro lanzamento, o EP The Very Long Fuse (1985).

En 1986 Björklund mudouse a Minneapolis e comezou a traballar co baixista de Rifle Sport Pete "Flour" Conway e co batería e guitarrista Todd Trainer.[3] Ese ano a banda publicou unha canción, "Driving the Dynamite Truck" no recompilatorio de Twin/Tone Big Hits of Mid-America Volume Four, cunha formación lixeiramente distinta ao estar Tony Pucci, de Man Sized Action, na batería.[4] Homestead Records publicou o álbum The Ice Machine, onde os créditos aparecía nun inserto como un xogo de beber ao estilo do Monopoly.

O guitarrista Phil Harder uniuse á banda para unha xira nacional antes de que Breaking Circus regresase a casa para gravar outro álbum que incluiría catro cancións de Björklund, catro de Conway, e catro de Trainer. Cando a banda chegou ao estudio recibiron noticias de que Homestead só pagaría por seis das doce cancións que tiñan planeado gravar. Graváronse as catro cancións de Björklund e unha de cada un dos outros membros, sendo publicadas como o EP Smokers' Paradise en 1987. A banda separouse en 1988.

Remove ads

Discografía

Álbums

Máis información Álbum, Ano ...

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads