Brian Gubby

From Wikipedia, the free encyclopedia

Brian Gubby
Remove ads

Brian Gubby, nado en Epsom (Surrey) o 17 de abril de 1934, é un adestrador de cabalos de carreiras e expiloto de automobilismo inglés. Como piloto de carreiras, Gubby competiu brevemente na Fórmula 1 durante a década de 1960.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Despois de completar o seu servizo militar na década de 1950, Gubby converteuse nun comerciante independente e, ao longo da súa carreira, desenvolveu os seus intereses comerciais que inclúen varios garaxes e salas de exposicións de automóbiles, un hotel e unha empresa de construción.[1]

Andaina nas carreiras

Gubby comezou a súa carreira deportiva nos rallyes, e tamén participou en carreiras de velocidade cun Austin A30 e un Jaguar de 3.8 litros[2] antes de cambiar aos monoprazas da Fórmula Júnior a comezos de 1960. Durante este tempo, correu cun Lotus Eleven, un Lotus 18 e tamén un Ausper T4.[2] Foi testemuña da morte do seu amigo Dennis Taylor nunha carreira de Fórmula Júnior en Monte Carlo en 1962, máis tarde describiuno como o peor accidente que viu. O coche de Taylor tocou as rodas coas de Denis Hulme e Taylor estrelouse contra nunha árbore. "Tiven que esquivar todos os restos e estaba case enfermo no coche", recordou Gubby.[1]

Posteriormente pasou a Fórmula Libre e mercou un Lotus 24 azul escuro. Con este coche gañou o Gold Flake Trophy en Leinster e unha carreira no Phoenix Park, animado por este éxito, decidiu subir á Fórmula Un. Dirixiuse a Sicilia cun mecánico nunha VW pickup, para participar no Gran Premio do Mediterráneo de 1964 no Autodromo di Pergusa.[3] Na práctica, logrou o oitavo mellor tempo e superando ao seu rival máis próximo Peter Revson por un segundo,[4] O Lotus de Gubby sufriu unha falla na roda e estrelouse fortemente contra unha vala de malla. "Os Lotus sempre se desmoronaban... Terminei de cabeza para abaixo no bosque, envolto en arame coa boca chea de follas e herba", recordou.[1] Puido desconectar a batería paraa evitar un incendio e algúns mecánicos italianos chegaron á escena para liberalo, pero non puido participar na carreira. A roda que fallou obtiveraa do equipo BRP despois dunha das súas propias rodas desenvolvera unha grieta.[2]

O único intento de participar de Gubby nunha carreira do Campionato do Mundo de Fórmula Un, o Gran Premio do Reino Unido de 1965 en Silverstone tamén terminou con problemas na práctica. Na curva de Woodcote, saltou a sexta velocidade do seu Lotus a 273 km/h, e Gubby viuse obrigado a manter a panca de velocidad mentres trompeaba a alta velocidad. Entón decidiu retirarse do deporte e non asistir á sesión de práctica do día seguinte. Recórdou máis tarde: "Eu estaba pilotando cun presuposto limitado e pensei:"Brian, tes unha familia para coidar e acabarás matándote".[1] Inscribírase no Gran Premio do Mediterráneo de 1965, pero retirou a súa inscrición[5] e vendeu o seu Lotus a Stirling Moss para ser usado por unha empresa cinematográfica que traballaba con Steve McQueen.[1]

Carreiras de cabalos

Gubby era fillo dun jockey e logo da súa andaina nas carreiras de motor converteuse en adestrador de cabalos de carreiras, con base en Bagshot, Surrey.[2] O cabalo máis exitoso que adestrou ata a data é o velocista Gabitat, gañador de dez carreiras, incluído no Grupo 3 Duke of York Stakes en York en 1984, e o Grupo 3 Goldene Peitsche en Baden-Baden en 1984 e 1985.[1] Outros cabalos coñecidos adestrados por Gubby son Easy Dollar, Omaha City e, máis recentemente, Son of the Cat, que gañou o Stewards' Sprint Handicap en Goodwood en xullo de 2011.[6]

Ten unhas instalacións de adestramento de 32´4 hectáreas e no seu pico, mantivo ata 16 cabalos, todos en propiedade. Agora con menos cabalos, Gubby aínda realiza a maior parte das tarefas diarias, incluíndo montar a cabalo. [1]

Remove ads

Rexistro de carreiras

Resultados Completos na Fórmula Un

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Máis información Ano, Equipo ...

Resultados na Fórmula 1 fora do campionato

(clave)

Máis información Ano, Equipo ...
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads