Merxinos
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Os merxinos (Merginae) son unha subfamilia de aves anseriformes da familia dos anátidos. Porén, algúns autores considéranos como unha tribo, a dos Mergini, dentro da subfamilia dos anatinos (Anatinae).[1]
A maioría das especies, pero non todas, son esencialmente mariñas, fóra da estación reprodutora. Moitas especies desenvolveron glándulas do sal, especializadas para permitirlles tolerar o consumo de auga salgada, como na orde dos procelariformes, pero estas non están desenvolvidas en aves inmaturas. Algunhas prefiren os hábitats de ribeira.
O grupo está formado por patos coñecidos como patos mergulladores ou patos mariños. (Tamén son patos mergulladores os membros da subfamilia dos aitiínos).
Remove ads
Descrición

O macho, á esquerda; a femia, á dereita.

O macho, diante; a femia, detrás.




Son un grupo moi pouco homoxéneo, tanto en aspecto como en comportamento.
Moitos son voluminosos e de constitución pesada, e remontan o voo despois dunha laboriosa carreira. Porén, outras especies son moito máis pequenas e áxiles.
Todas as especies presentan dimorfismo sexual, tendo os machos cores negras ou contrastadas en branco e negro, o cores iridescentes.
Remove ads
Hábitat e distribución
A maioría das especies son esencialmente mariñas, agás na época de cría, pero algunhas prefiren os hábitats de das ribeiras dos ríos ou lagos.
Excepto dúas especies, o resto viven en latitudes setentrionais.
Alimentación
Un grupo de especies da subfamilia (os mergos) son piscívoros e teñen un bico estreito e serrado, perfectamente adaptado para a captura dos peixes.
Outros comen moluscos e crustáceos que apañan no fondo do mar, e dispoñen, algúns deles, como os éideres, de fortes e anchos bicos que lles permiten, por exemplo, arrincar os mexillóns das rochas.
Taxonomía
Estudos xenéticos realizados nos últimos anos propiciaron a consideración deste grupo como unha tribo (Mergini) dos anátidos.[2][3]
A clasificación do Congreso Ornitolóxico Internacional (versión 2.7, 2011) contempla 9 xéneros con 20 especies vivas:
- Xénero Polysticta
- Polysticta stelleri - eider de Steller
- Xénero Somateria
- Somateria mollissima - eider común
- Somateria fischeri - eider de anteollos
- Somateria spectabilis - eider real
- Xénero Histrionicus
- Histrionicus histrionicus - pato arlequín
- Xénero Camptorhynchus (†)
- Camptorhynchus labradorius - extinto
- Xénero Melanitta
- Xénero Clangula
- Xénero Bucephala
- Xénero Mergellus
- Xénero Lophodytes
- Xénero Mergus – mergos
- Mergus octosetaceus
- Mergus australis (†)
- Mergus serrator
- Mergus merganser
- Mergus milleneri (†)
- Mergus squamatus
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads