Bugatti Veyron

From Wikipedia, the free encyclopedia

Bugatti Veyron
Remove ads

O Bugatti Veyron é un coche superdeportivo bipraza deseñado e desenvolvido polo Grupo Volkswagen e producido en Molsheim (Alsacia, Francia), polo fabricante francés Bugatti Automobiles S.A.S. dende 2005 até 2015.

Datos rápidos Tipo, Marca ...
Remove ads
Thumb
Parte traseira do Bugatti Veyron.
Remove ads

Descrición

A versión básica do Bugatti Veyron 16.4 fabricouse dende 2005 até 2011 e máis tarde as versións Grand Sport e Super Sport iniciáronse entre 2009 e 2010. No episodio final da tempada 14 durante a "Top Gear Awards Ceremony", o presentador Jeremy Clarkson decidiu que, sendo o final dunha década (2000-2010), deberían premiar tamén o Coche da Década, así que Clarkson comentou que o gañador deste premio tiña que ser o Bugatti Veyron, o único coche merecedor. Dende que o formato de Top Gear comezase a principios da década de 1990, soamente outorgouse unha vez este premio. O nome do coche é un recoñecemento a un dos pilotos históricos da marca: o francés Pierre Veyron.[3]

Remove ads

Características técnicas

O Veyron conta cun motor W16 baseado en dous bloques de 8 cilindros en "V" estreita. Cando se lle pediu ao xefe de desenvolvemento de Bugatti Wolfgang Schreiber explicar como o mesmo motor pode ser clasificado en 1001 SAE de potencia neta ás 6000 rpm nos Estados Unidos, pero soamente 1001 CV (987 HP; 736 kW) para Europa, riu dicindo:

"Os motores de produción son todo pondo a cabo entre 1020 e 1040 CV (1006 e 1026 HP) (750 e 765 kW), abondo para cubrir ambas as promesas..."[4]

Cada cilindro conta cunha distribución de catro válvulas por cilindro e a configuración en V estreita permite unha árbore de levas para cada bancada de 4 cilindros, polo que o motor está equipado cun total de 4 árbores de levas. O motor é alimentado por catro turbocompresores, cunha cilindrada de 7993 cm³ (8 L; 487,8 plg³),[5] cunha relación diámetro/carreira cadrada de 86 x 86 mm (3,39 x 3,39 plg). O motor está axustado a unha caixa de cambios de dobre embrague de 7 marchas, con tracción no catro rodas permanente mediante o sistema de embrague Haldex. Utiliza os pneumáticos especiais Michelin PAX Run flat, deseñados especificamente para rodar á máxima velocidade do Veyron, que roldan os USD$ 25000 por xogo. Os pneumáticos soamente poden ser desmontados das pinas en Francia, un servizo que custa US$ 70000. O seu peso en baleiro é de 1888 kg (4162 lb), dándolle ao vehículo unha relación peso a potencia de 446,3 a 1001 CV (440,2 a 987,3 HP) (328,3 a 736,2 kW) por tonelada. A distancia entre eixos é de 2710 mm (106,7 plg) e a lonxitude total é 4466 mm (175,8 plg). Ten un total de dez radiadores:

  • 3 intercambiadores de calor para os intercoolers de aire-líquido.
  • 3 radiadores de motor.
  • 1 para o sistema de aire acondicionado.
  • 1 radiador de aceite da transmisión.
  • 1 radiador de aceite do diferencial.
  • 1 radiador de aceite do motor.

Ten un coeficiente aerodinámico de 0,36 en condición normal e de 0,41 despois de despregar o seu alerón, así como unha área frontal de 2,07 m² (3208,5 in²). Isto dálle unha área de arrastre (a combinación de coeficiente de arrastre e a área frontal, representado como CdA) de 0,74 m² (1147,0 in²).[6]

Remove ads

Velocidade máxima

A velocidade máxima do Veyron é de 407,66 km/h (253,31 mph) e o tempo de aceleración de 0 a 100 km/h (62 mph) é de 2,5 segundos. A tracción nas catro rodas e o motor central-traseiro bríndanlle maior estabilidade e unha distribución equilibrada do peso. Se pasa dos 230 km/h (143 mph), desprégase un alerón traseiro móbil para aumentar a carga vertical, o cal debe bloquearse se se desexa acadar a velocidade máxima, a través dunha chave especial situada na porta do condutor.

Durante 2010, produciuse a versión máis potente do Veyron: o Super Sport que monta un motor similar ao do Veyron orixinal, pero cunha potencia incrementada a 1200 CV (1184 HP; 883 kW) ás 7500 rpm. Traballouse intensamente na súa redución de peso utilizando fibra de carbono e marcou unha marca Guinness de velocidade máxima de 431 km/h (268 mph).

Respecto ao modelo orixinal Veyron 16.4, o Super Sport presenta algunhas modificacións aerodinámicas co fin de corrixir algunhas deficiencias no manexo a altas velocidades, así como un aumento na distancia entre eixos en 5 cm (2 polgadas). A parte posterior tamén foi modificada con dúas saídas de ar, co cal logrou ser o Veyron máis rápido xamais fabricado.

Récords

O vehículo obtivo o récord do automóbil máis rápido do mundo en 2007. Posteriormente, foi superado polo SSC Ultimate Aero, cunha velocidade máxima de 411,76 km/h (255,86 mph). Porén, en xuño de 2010, a súa versión máis potente Super Sport, rompeu novamente o récord cunha velocidade máxima de 431,072 km/h (267,86 mph),[7] rexistro oficial dos récords Guinness, para daquela ser desprazado polo Hennessey Venom GT cunha velocidade de 435,21 km/h (270,43 mph). Do mesmo xeito, tamén ostentaba o récord do coche máis caro do mundo, segundo unha lista publicada pola revista Forbes, aínda que posteriormente foi superado por modelos como o Lamborghini Veneno, o Maybach Exelero e, finalmente, polo Lykan HyperSport. O Veyron tiña un prezo aproximado de 1,6 millóns de euros iñantes de impostos.

Así mesmo, foi considerado por varios medios como o mellor automóbil do mundo, unha das razóns é que a marca alsaciana adicábase a fabricar só este modelo, e non fabricaba outros modelos como fan outros fabricantes de vehículos.

Remove ads

Versións especiais

  • Jean-Pierre Wimille
  • Jean Bugatti
  • Meo Costantini
  • Rembrandt Bugatti
  • Black Bess
  • Ettore Bugatti
  • Villa d'Este
  • Bleu Centenaire
  • FBG par Hermès
  • Grand Sport Sang Bleu
  • Pur Sang
  • Sang Noir
  • Mansory Vincero
  • Grand Sport Matte White
  • Veyron Super Sport
  • Bernar Venet
  • L'Or Blanc
  • Veyron 16.4 Grand Sport Vitesse
  • Grand Sport La Finale

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads