CATIA
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
CATIA (en francés: «Conception Assistée Tridimensionnelle Interactive Appliquée») é un programa para CAD 3D deseño asistido por ordenador, este software foi creado pola compañía Dassault Aviation para as súas propias necesidades como o sistema CATI (acrónimo de deseño asistido interactivo en tres dimensións). Dassault Systèmes foi creado en 1981 para asegurar o desenvolvemento e o mantemento baixo o nome de CATIA, IBM fíxose cargo da comercialización do programa.
Remove ads
Historia
CATIA naceu como un proxecto interno na década de 1970 do fabricante de avións Dassault Marcel, mentres que o software era de CADAM, da empresa Lockheed.
O software foi chamado primeiro CATI (Conception Assistée Tridimensionnelle Interactive), pero foi rebautizado como CATIA en 1981. Nese momento, Dassault creou unha filial encargada do desenvolvemento e a comercialización do CAD, e firmou con IBM unha distribución non exclusiva.
En 1984, Boeing seleccionou CATIA como a súa principal ferramenta de CAD, e pasou a ser o principal cliente.
En 1988, durante a transición á versión 3, CATIA pasa dende mainframes a plataformas UNIX .
En 1992 CADAM foi comprado por IBM e o ano seguinte CATIA V4 CADAM saíu ao mercado.
En 1996 o número de plataformas UNIX compatibles con CATIA V4 pasou dun a catro, que agora inclúe IBM AIX, Silicon Graphics IRIX, Sun Microsystems SunOS e Hewlett-Packard HP-UX .
En 1998, unha versión completamente re-escrita de CATIA publicase: CATIA V5. Esta versión foi programada para Microsoft Windows mentres mantíñase a dispoñibilidade baixo UNIX, o negocio Mainframe foi abandonado.
En 2008, sae unha nova versión chamada V6.
Remove ads
Empresas que empregan CATIA
- Aviación: Boeing, Bombardier Aviation, Dassault Aviation, SNECMA, Airbus, Eurocopter, Thales, Safran, SONACA
- Espazo: Astrium
- Construción naval: Groupe Bénéteau, Meyer Werft, US Navy para o USS Virginia (SSN-774) primeiro submarino norteamericano deseñado por ordenador, grupo DCNS.
- Arquitectura: Frank Gehry incluído o Museo Guggenheim Bilbao.
- Automóbiles: Microcar, Michelin, Renault, Renault Sport F1, PSA, BMW, Daimler, Toyota, Honda, Porsche, Audi, Mygale, Goodyear, Carat Security Group, Autoliv, Valeo, Plastic Omnium AutoExterior, Faurecia, Renault Trucks.
- Ferroviario: Alstom, Bombardier, CAF
- Reloxos: Swatch Group
- Electrónica: Nokia, LG, Thales
- Produtos de grande consumo: Arc International
- Manufactura: Rotarex
- Investigación: CERN, Fermilab, CNRS
- Enerxía: Iter, Hydro-Québec, Alstom Power Bergeron
En Galiza Televés emprega CATIA nos seus deseños.
Remove ads
Deseños con CATIA
- CATIA Renderizado (imaxe JPEG)
- Lado noroeste da torre Eiffel
- Concepto de Produto
- Fresadora CNC
- Deseño estrutural
- Rendering dun diamante
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Páxina web de Dassault Systèmes sobre Catia Arquivado 22 de setembro de 2012 en Wayback Machine. (en varias linguas).
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads