CD1
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
o CD1 (cluster de diferenciación 1) é unha familia de glicoproteínas expresada na superficie de varias células presentadoras de antíxenos humanas. Están relacionadas coas moléculas do MHC de clase I, e están implicadas na presentación de antíxenos lipídicos ás células T. Porén, a súa función exacta non se coñece.[1] Nos humanos, as moléculas CD1 están codificadas no cromosoma 1.
molécula CD1a | |
| Identificadores | |
| Símbolo | ? |
| Símbolos alt. | CD1 |
| Entrez | 909 |
| HUGO | 1634 |
| OMIM | |
| RefSeq | NM_001763 |
| UniProt | P06126 |
| Outros datos | |
| Locus | Cr. 1 q22-q23 |
molécula CD1b | |
| Identificadores | |
| Símbolo | ? |
| Símbolos alt. | CD1 |
| Entrez | 910 |
| HUGO | 1635 |
| OMIM | |
| RefSeq | NM_001764 |
| UniProt | P29016 |
| Outros datos | |
| Locus | Cr. 1 q22-q23 |
molécula CD1c | |
| Identificadores | |
| Símbolo | ? |
| Símbolos alt. | CD1 |
| Entrez | 911 |
| HUGO | 1636 |
| OMIM | |
| RefSeq | NM_001765 |
| UniProt | P29017 |
| Outros datos | |
| Locus | Cr. 1 q22-q23 |
molécula CD1d | |
| Identificadores | |
| Símbolo | ? |
| Entrez | 912 |
| HUGO | 1637 |
| OMIM | |
| RefSeq | NM_001766 |
| UniProt | P15813 |
| Outros datos | |
| Locus | Cr. 1 q22-q23 |
molécula CD1e | |
| Identificadores | |
| Símbolo | ? |
| Entrez | 913 |
| HUGO | 1638 |
| OMIM | |
| RefSeq | NM_030893 |
| UniProt | P15812 |
| Outros datos | |
| Locus | Cr. 1 q22-q23 |
Remove ads
Tipos
As glicoproteínas CD1 poden clasificarse en dous grupos que difiren na súa ancoraxe lipídica.[2]
CD1a, CD1b e CD1c (moléculas CD1 grupo 1) exprésanse en células especializadas na presentación de antíxenos.[3]
CD1d (CD1 grupo 2) exprésase nunha ampla variedade de células.
CD1e é unha forma intermedia, que se expresa intracelularmente, e o seu papel non está claro actualmente.[4]
En humanos
Grupo 1
As moléculas CD1 grupo 1 fan a presentación de antíxenos lipídicos alleos, e especificamente de varios compoñentes da parede celular micobacteriana, a células T específicas de CD1. Comprenden:
Grupo 2
Os antíxenos naturais CD1 grupo 2 non están ben caracterizados, pero un glicolípido sintético chamado alfa-galactosilceramida, que foi orixinalmente illado a partir dun composto atopado nunha esponxa mariña, ten unha forte actividade biolóxica.
As moléculas do CD1 grupo 2 activan un grupo de células T, coñecidas como células T asasinas naturais (NKT) debido á súa expresión de marcadores da superficie de NK como CD161. As células NKT actívanse por antíxenos presentados por CD1d, e producen rapidamente citocinas Th1 e Th2, representadas tipicamente pola produción de interferón-gamma e IL-4.
O ligando do grupo 2 (CD1d) alfa-galactosilceramida está actualmente en ensaios clínicos en fase I para o tratamento de cancros non hematolóxicos avanzados.
Importancia diagnóstica
Os antíxenos CD1 exprésanse non timocitos corticais, pero non en células T maduras. Isto a miúdo tamén ocorre nas células de neoplasmas derivadas desas poboacións, de modo que a presenza de antíxenos CD1 pode utilizarse en inmunohistoquímica de diagnóstico para identificar algúns timomas e cancros derivados de precursores de células T. En particular, o CD1a é un marcador específico para as células de Langerhans, polo que pode tamén usarse na diagnose da histiocitose de células de Langerhans. Outras condicións que poden presentar positividade para o CD1 son a leucemia mieloide e algúns linfomas de células B.[6]
Remove ads
En vacas e ratos
Os ratos carecen de moléculas CD1 grupo 1, e no seu lugar teñen dúas copias de CD1d. Así, os ratos véñense usando intensamente para caracterizar a función do CD1d e as células NKT dependente de CD1d nunha variedade de modelos de enfermidades.
Viuse recentemente que as vacas carecen de moléculas CD1 grupo 2, e teñen un conxunto ampliado de moléculas CD1 grupo 1.[7] Debido a isto e ao feito de que as vacas son un hóspede natural de Mycobacterium bovis, que tamén é un patóxeno humano, espérase que estudando as vacas se teña unha idea de como funciona o sistema de presentación de antíxenos CD1 grupo 1.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads