CD14

From Wikipedia, the free encyclopedia

CD14
Remove ads

O CD14 (cluster de diferenciación 14) é unha proteína do sistema inmunitario innato codificada en humanos polo xene CD14 do cromosoma 5, que é un marcador de superficie celular e receptor.[1][2]

Thumb
CD14 baseado en PDB 1WWL
CD14
Identificadores
Símbolo CD14
Símbolos alt. antíxeno CD14
Entrez 929
HUGO 1628
OMIM

158120

UniProt P08571
Outros datos
Locus Cr. 5 q22-32

Esta proteína CD14 pode existir en dúas formas: como proteína ancorada na membrana por unha cola glicosilfosfatidilinositol (chamada mCD14) ou como proteína soluble (chamada sCD14). O CD14 soluble aparece ao desprenderse da membrana o mCD14 (48 kDa) ou é segregada directamente procedente de vesículas intracelulares (56 kDa).[3]

O CD14 foi o primeiro receptor de recoñecemento de padrón que foi descrito.

Remove ads

Función

O CD14 actúa como correceptor (xunto co receptor de tipo Toll TLR 4 e MD-2) na detección do lipopolisacárido (LPS) bacteriano.[4][5] O CD14 pode unirse ao LPS só en presenza de proteína de unión ao lipopolisacárido (LBP). Aínda que o LPS se considera o seu principal ligando, o CD14 tamén recoñece outros padróns moleculares asociados a patóxenos.

Thumb
Vía de sinalización dos receptores de tipo Toll. As liñas grises descontinuas representan asociacións descoñecidas.


Remove ads

Distribución nos tecidos

O CD14 exprésase principalmente en macrófagos e (nun grao 10 veces menor) en neutrófilos. Tamén se expresa en células dendríticas. Baixas concentracións da forma soluble sCD14 segregada polo fígado e monocitos son dabondo para conferir sensibilidade ao LPS a células que doutro modo non expresan o CD14. O sCD14 está tamén presente no leite humano, no cal se cre serve para regular o crecemento microbiano no intestino do neno lactante.

Remove ads

Diferenciación

O nivel de expresión de CD14 nos monocitos (comparado co CD16) utilízase para saber o grao de diferenciación e tipos destas células (monocitos clásicos, non clásicos e intermedios). Os linfocitos CD14+ CD16++ (con máis CD16 ca CD14) estimulados por produtos bacterianos producen citocinas.[6]

Interaccións

O CD14 interacciona coa proteína de unión ao lipopolisacárido.[7][8]

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads