CD79

From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

O CD79 (cluster de diferenciación 79) é unha proteína transmembrana que forma un complexo co receptor de células B (BCR) na superficie dos linfocitos B e xera sinais intracelulares (transdución de sinais) unha vez que o receptor BCR recoñeceu ao antíxeno. O CD79 componse de dúas cadeas proteicas distintas, chamadas CD79A e CD79B (anteriormente coñecidas como Ig-alfa e Ig-beta), as cales forman un heterodímero na superficie da célula B estabilizado por pontes disulfuro.[1] Tanto CD79a coma CD79b son membros da superfamilia das inmunoglobulinas. Nos humanos o CD79a está codificado polo xene mb-1 situado no cromosoma 19, e CD79b está codificado polo xene B29 do cromosoma 17.[1][2] Ambas as cadeas do CD79 conteñen un motivo de activación baseado na tirosina inmunorreceptor (ITAM) nas súas colas intracelulares, que utilizan para propagar sinais polo interior da célula B, funcionando dunha maneira similar a como o CD3 xera sinais de transdución durante a activación polo receptor TCR das células T.[3]

molécula CD79a, asociada á inmunoglobulina alfa
Identificadores
Símbolo CD79A
Símbolos alt. IGA
Entrez 973
HUGO 1698
OMIM

112205

RefSeq NM_001783
UniProt P11912
Outros datos
Locus Cr. 19 q13.2
molécula CD79b, asociada á inmunoglobulina beta
Identificadores
Símbolo CD79B
Símbolos alt. IGB
Entrez 974
HUGO 1699
OMIM

147245

RefSeq NM_021602
UniProt P40259
Outros datos
Locus Cr. 17 q23
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads