CG-4.1

vía para automóbiles de Moaña (AG-46) a Alto da Portela (VG-4.6) From Wikipedia, the free encyclopedia

CG-4.1
Remove ads

A CG-4.1 ou Corredor do Morrazo[1][2] (na provincia de Pontevedra), é un corredor galego de altas prestacións da Xunta de Galicia que une as localidades de Cangas e Alto da Portela (Bueu); atravesa os concellos de Moaña e Cangas. Ten unha lonxitude de 4 quilómetros e iníciase nun cruzamento coa AG-46 en Cangas e finaliza nun cruzamento coa VG-4.6 en Alto da Portela (Bueu).

Datos rápidos CG-4.1 Corredor do Morrazo, ID antigo ...
Remove ads

Percorrido

Inicia na final da autovía do Morrazo, AG-46 coa ligazón da vía para automóbiles, VG-4.5 (coñecido como Acceso a Cangas) no lugar de Ameixoada (concello de Moaña), pasado polo viaduto do río Bouzós duns 234 metros de lonxitude e o túnel de Coiro duns 110 metros de lonxitude. Remata na ligazón da estrada PO-551 con direccións, un ao norte ao polígono industrial da Portela e o lugar da Portela (ambos no concello de Bueu) e outro ao sur a Cangas, no lugar de Alto da Portela (concello de Bueu), coa conexión directa á vía para automóbiles, VG-4.6 ao lugar de Menduíña (concello de Cangas).

Remove ads

Historia

Thumb
Lume nas proximidades do CG-4.1

As primeiras obras iniciaron en maio de 2003[3] e foi inaugurado en decembro de 2005,[4][5][6] entre a rotonda de Domaio (estrada nacional N-554) e Menduíña (Cangas).

As obras do desdobramento do corredor (no treito entre Domaio e Cangas) iniciaron en outubro de 2015[7] o primeiro treito entre a rotonda de Domaio e a ligazón de Domaio, duns 3,3 quilómetros de lonxitude. O segundo treito, duns 4,1 quilómetros de lonxitude, entre a ligazón de Domaio e Meira iniciaron as obras en xuño de 2016.[8] E o terceiro treito, duns 3,8 quilómetros de lonxitude, entre Meira e Moaña iniciaron as obras en setembro de 2017.[9]

Asemade, o feito de que se proxectara este corredor no lugar onde se encontra o castro de Montealegre, obrigou a unha corrección no proxecto de desdobramento, dado que a a largura da nova plataforma afectaría de xeito irreversíbel ao xacemento arqueolóxico.[10] Estes traballos para salvar o castro provocarán un novo peche, estimado en sete meses, desta vía de alta capacidade unha vez remate a temporada estival.[11]

O primeiro treito entre a rotonda de Domaio e Meira foi inaugurado en maio de 2018,[12][13][14][15][16] duns 7,3 quilómetros de lonxitude, e o segundo treito entre Meira e Moaña foi inaugurado en xuño de 2019,[17][18][19] duns 3,9 quilómetros de lonxitude.

Remove ads

Treitos

Treito orixinal  CG-4.1 

Máis información Denominación, Treito ...

Conversión en  AG-46 

Máis información Denominación, Treito ...

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads