Domaio, Moaña
parroquia civil do concello de Moaña From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
San Pedro de Domaio é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés de Moaña na comarca do Morrazo. Segundo o IGE[2], en 2022 tiña 2 047 habitantes (985 homes e 1 062 mulleres). Ten seis entidades de poboación.
Remove ads
Xeografía
A parroquia está situada na ría de Vigo, ao leste do concello de Moaña, lindando co veciño municipio de Vilaboa a través da parroquia de Cobres.
Demografía
Gráfica de evolución demográfica de Domaio entre 2000 e 2020 |
![]() |
Datos segundo o IGE. |
Patrimonio
No Regueiriño achouse un importante asentamento correspondente ó neolítico final, e na Fontenla documentouse por primeira vez en Galicia a presenza de elementos da cultura do vaso campaniforme fóra de ambientes funerarios. Acháronse tamén na zona ferramentas e armas de cobre e bronce, e consérvanse petróglifos. Da época castrexa é o castro de Montealegre.
A igrexa parroquial de san Pedro é un templo de estilo barroco serodio. Foi construída no século XVIII, logo de que en 1702 a parroquia fose saqueada logo da batalla de Rande. O templo está situado na enseada de Mouro, preto do estreito de Rande. Ten planta rectangular dunha soa nave e presbiterio cadrado con cuberta a catro augas. A gran torre campanario está situada no centro da fachada occidental, e ten dous corpos superpostos: o primeiro, de planta cadrada, con arcos de medio punto abertos nas catro caras, flanqueados por pilastras acaroadas, e rodeado completamente por un monumental balcón balaustrado. O segundo corpo, máis pequeno, é un macizo cilíndrico coroado con cupuliña. Complementan a decoración piramidóns rematados en bóla nos extremos da fachada e no alto das catro esquinas da torre. No interior do templo hai dous retablos barrocos do século XVIII, un deles datado en 1786.
Outro templo relixioso é a ermida de san Bieito, situada no lugar do Calvar.
O Campo de Golf Ría de Vigo foi inaugurado en 1993.
Galería de imaxes
- Ermida de san Bieito.
- Antenas de telecomunicacións no monte Faro.
- Centro Cultural Rosalía de Castro.
- Monumento a Rosalía de Castro no Centro Cultural homónimo.
Lugares e parroquias
Lugares de Domaio
Lugares da parroquia de Domaio no concello pontevedrés de Moaña | |
---|---|
O Calvar | Carballido | A Costa | Palmás | San Lourenzo | Verdeal |
Parroquias de Moaña
Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Moaña | |
---|---|
Domaio (San Pedro) | Meira (Santa Eulalia) | Moaña (San Martiño) | Moaña (Virxe do Carme) | Tirán (San Xoán) |
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads