Limoges CSP

From Wikipedia, the free encyclopedia

Limoges CSP
Remove ads

O Limoges Cercle Saint-Pierre, comunmente coñecido como Limoges CSP, é un club de baloncesto profesional francés con sede na cidade de Limoges, Lemosín. O club foi fundado en 1929 e viviu os seus mellores momentos nas décadas de 1980 e 1990, cando conquistou os máis importantes títulos de Francia en diversas ocasións, así como diversos títulos europeos, incluída a Euroliga conquistada en 1993. Actualmente compite na LNB Pro A, máxima categoría do baloncesto francés.

Datos rápidos Información xeral, Liga ...
Remove ads

Historia

O Limoges Cercle Saint-Pierre foi fundado en 1929, con todo, non comeza a ser un equipo exitoso até a década de 1980, cando en 1981 gaña o seu primeiro título importante: a Copa de Francia. A partir desta data o club comeza a gañar con asiduidade os títulos de campión de Liga e de Copa no seu país, alén de destacar en competicións europeas. De feito, foi o primeiro equipo galo en gañar o máximo título europeo en calquera deporte ao conseguir a Euroliga en 1993. Porén, o equipo xa gañara anos antes varios títulos continentais, como dúas Copas Korać, en 1982 en 1983, ambas ante o Šibenka Šibenik (90–84 e 94–86), e unha Recopa en 1988 ante o Joventut Badalona (96–89). Posteriormente, no ano 2000, gaña de novo a Korać, esta vez ante o Unicaja Málaga (80–58 e 51–60).

A nivel local, na temporada 1999–00 o Limoges conseguía gañar o seu noveno título de Liga, con todo, sería descendido ao final da temporada á LNB Pro B por problemas financeiros. O equipo só permanece un ano na segunda división, máis o seu retorno á máxima categoría sería breve, descendendo de novo en 2004. De feito, ao comeza a temporada 2004–05 o Limoges xogaba na NM1, a terceira categoría. Desde esa temporada o club tardaría seis anos en volver á elite, aparecendo fugazamente na primeira división en 2011 para volver a descender. Con todo, o club regresa á Por A ao ano seguinte volvendo ás súas vellas glorias o conseguir en 2014 o seu décimo título de liga tras vencer ao Strasbourg IG por 0–3 na final.[1]

Debido ao título de liga o club sería invitado para xogar a Euroliga 2014–15, no que sería o seu retorno a máxima competición europea tras dezasete anos de ausencia. Con todo, o retorno non sería destacábel, xa que o Limoges perdería 8 dos 10 partidos disputados, gañando unicamente ao Unics Kazan e ao Cedevita, antes de ser relegados á Eurocup, onde foi tamén rapidamente eliminado. No campionato local o club volve facerse co título de campión. Durante a fase regular o Limoges quedaría clasificado en terceiro lugar tras o JSF Nanterre e o Strasbourg, porén o club consegue chegar á final. Na final, o club do Lemosín vence de novo ao Strasbourg, esta vez por 1-3.

Uniformes

Remove ads

Pavillón

Artigo principal: Palais des Sports de Beaublanc.

O Palacio de Deportes Beaublanc (en occitano: Bòsc Blanc) está situado no parque de deportes da cidade de Limoges. Foi construído en 1981 grazas a. Xavier Popelier e a Albert Chaminade. Desde aquela acolle os partidos como local do Limoges, alén doutros eventos deportivos como a Copa Davis ou partidos de baloncesto e balonmán femininos. Até a construción do Palais des Sports de Pau en 1991 era o pavillón de baloncesto máis grande do país.

Remove ads

Xogadores

Cadro actual

Máis información Xogadores, Adestradores ...

Palmarés

Thumb
Os seareiros do Limoges celebrando o título de Liga de 2015.

Competicións europeas

  • Euroliga
    • Campións (1): 1992−93
    • F4 3º posto (1): 1989−90
    • F4 4º posto (1): 1994−95
  • Copa Saporta
    • Campións (1): 1987−88
  • Copa Korać
    • Campións (3): 1981−82, 1982−83, 1999−00
    • Subcampións (1): 1986−87

Competicións domésticas

  • Liga de Francia
    • Campións (11): 1982−83, 1983–84, 1984–85, 1987–88, 1988–89, 1989–90, 1992–93, 1993–94, 1999−00, 2013−14, 2014−15
  • Copa de Francia
    • Campións (6): 1981−82, 1982–83, 1984–85, 1993–94, 1994–95, 1999−00
  • Leaders Cup
    • Campións (2): 1987−88, 1989–90
  • Supercopa de Francia
    • Campións (1): 2012
  • Segunda Divisón de Francia
    • Campións (2): 2000−01, 2011–12

Non oficial

Remove ads

Históricos

Xogadores

  • Francia Richard Dacoury
  • Francia Hugues Occansey
  • Francia Jean-Michel Sénégal
  • Francia Gregor Beugnot
  • Francia Jim Bilba
  • Francia Yann Bonato
  • Francia Apollo Faye
  • Francia Jimmy Vérove
  • Francia Georges Vestris
  • Francia Jacques Wampfler
  • Francia Frédéric Forte
  • Francia Jacques Monclar
  • Francia Stéphane Ostrowski
  • Francia David Thévenon
  • Francia Frédéric Weis
  • Francia Thierry Rupert
  • Eslovenia Jure Zdovc
  • Michael Brooks
  • Marcus Brown
  • Dawan Robinson
  • Don Collins
  • Jermaine Bucknor
  • Clarence Kea
  • George Montgomery
  • Dragan Lukovski
  • Branko Milisavljevic
  • Branko Sinđelić
  • Ognjen Vukićević
  • Mileta Lisica
  • Billy Knight
  • Steffon Bradford
  • Joah Tucker
  • Alex Acker
  • Taurean Green
  • Ronnie Taylor
  • Zack Wright
  • Carl Thomas
  • R.T. Guinn
  • J.K. Edwards
  • Spencer Dunkley
  • John Amaechi
  • Finlandia Ville Kaunisto
  • Eslovaquia Radoslav Rančík
  • España Oscar Yebra
  • Lionel Moltimore
  • Ed Murphy
  • Alex Oriakhi
  • Harper Williams
  • Michael Young
  • Tommy Adams
  • Cedrick Banks
  • Travarus Bennett
  • John McCord
  • J.R. Patrick
  • J.R. Koch
  • J. R. Reynolds
  • Clinton Smith
  • Glenn Mosley
  • Leon Douglas
  • Mark Wickman
  • Willie Redden
  • Kevin Braswell
  • Kevin McGee
  • Grant Gondrezick
  • Bosnia e Hercegovina Edin Bavčić
  • Croacia Marin Prskalo
  • Lituania Andrius Ragauskas
  • Grecia Angelos Tsamis

Adestradores

  • Francia André Buffière (1980–83)
  • Francia Pierre Dao (1983–86)
  • Francia Michel Gomez (1986–90)
  • Iugoslavia Božidar Maljković (1992–95)
  • Zvi Sherf (1995–96)
  • Bosnia e Hercegovina Bogdan Tanjević (1996–97)
  • Serbia e Montenegro Duško Ivanović (1999-00)
  • Grecia Panagiotis Giannakis (2012–13)
  • Francia Jean-Marc Dupraz (2013–2015)
  • Francia Philippe Hervé (2015–presente)
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads