Copa Davis

From Wikipedia, the free encyclopedia

Copa Davis
Remove ads

A Copa Davis é unha competición internacional de tenis, organizada pola Federación Internacional de Tenis (ITF), na que compiten distintos países. Só participan homes; o equivalente para mulleres é a Fed Cup.

Datos rápidos Tipo, Deporte ...

Os países compiten tendo en conta a súa calidade tenística e a súa localización xeográfica.

Cada rolda consiste en cinco partidos durante tres días, proclamándose vencedor aquel que obteña tres vitorias. O primeiro día enfróntanse os xogadores número un de cada país contra os números dous do rival, sorteándose a orde dos encontros, o segundo día xógase o partido de dobres e o último día xogan entre si os números un e despois os números dous. Non hai restrición a quen debe xogar o partido de dobres: os dous xogadores de individuais, outros dous xogadores (xeralmente, especialistas de dobres) ou unha combinación.

Remove ads

Historia

Thumb
O torneo leva o nome do que fora xogador do equipo americano Dwight Filley Davis, desde o ano da súa morte (1945).

O torneo foi creado en 1899 por catro membros do equipo de tenis da Universidade Harvard que desafiaron ós británicos a un campionato. Unha vez recibida a idea, pediron un préstamo ás súas respectivas federacións de tenis. Un dos xogadores de Harvard, Dwight Filley Davis, deseñou un formato de campionato e gastou cartos do seu propio peto para mercar unha copa de prata (coñecida popularmente como a ensaladeira pola súa peculiar forma).

O primeiro partido, entre Estados Unidos e Gran Bretaña levouse a cabo en Brookline, Massachusetts en 1900. O equipo norteamericano, do que formaba parte Dwight Davis, sorprendeu ó equipo británico gañando os primeiros tres partidos. O seguinte ano, ningún dos dous países compitiu, pero Estados Unidos gañou o seguinte enfrontamento en 1902. En 1905, o torneo expandiuse incluíndo a Bélxica, Austria, Francia e Australasia, un equipo combinado de Australia e Nova Zelandia, que competiron xuntas ata 1913.

Estes torneos foron chamados oficialmente Copa Davis despois da morte de Dwight Davis en 1945. Desde 1950 a 1967, Australia dominou a competencia, gañando a Copa 15 veces en 18 anos. Estados Unidos logrou gañar o campionato 32 veces, máis que calquera outro país, se ben é certo que ata 1971 o campión do ano anterior unicamente xogaba a final, que ademais se disputaba no seu país.

O campión en exercicio é España, tras derrotar por 2:0 ao Canadá na Caja Mágica de Madrid, entre o 18 e o 24 de novembro de 2019. Este é o sexto título para España.

Remove ads

Todas as finais

Máis información Ano, Gañador ...
Remove ads

Palmarés

Máis información País, Anos en que venceu ...

Títulos por país desde 1972

Thumb
Monumento á Copa Davis no Stade Roland Garros, París.
Máis información País, Títulos ...
Remove ads
Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads