Receptor de interleucina 8, beta

From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

O receptor de interleucina 8, beta é un receptor de quimiocinas, que se coñece tamén coas siglas IL8RB, CD182, CXCR2, e CXCR2 (receptor (motivo C-X-C) 2 de quimiocinas) é agora o nome recomendado polo Comité de Nomenclatura de Receptores e Clasificación de Fármacos da IUPHAR.[1]

Receptor (motivo C-X-C) 2 de quimiocinas (Chemokine (C-X-C motif) receptor 2)
Identificadores
Símbolo CXCR2 ; CD182; CDw128b; CMKAR2; IL8R2; IL8RB
Entrez 3579
HUGO 6027
OMIM

146928

RefSeq NP_001161770
UniProt P25025
Outros datos
Locus Cr. 2 :(218.99 – 219 Mb)
Remove ads

Función

A proteína codificada por este xene é membro da familia do receptor acoplado á proteína G. Esta proteína é un receptor da interleucina 8 (IL8). Únese á IL8 con alta afinidade, e transduce o sinal por medio dun sistema de segundo mensaxeiro activado pola proteína G (Gi/o-acoplado[2]). Este receptor tamén se une á quimiocina (motivo C-X-C) ligando 1 (CXCL1/MGSA), unha proteína con actividade de estimulación do crecemento de melanomas, e é un compoñente principal requirido para o crecemento de células de melanoma dependente de soro. Ademais, únese a ligandos como CXCL2, CXCL3, e CXCL5.

Este receptor é un mediador na migración de neutrófilos aos sitios de inflamación. Os efectos anxioxénicos do IL8 en células endotelias microvasculares intestinais tamén son mediados por este receptor. Os estudos con ratos knockout indicaron que este receptor controla a posición de precursores dos oligodendrocitos na medula espiñal en desenvolvemento ao deter a súa migración. O xene IL8RB, xunto con IL8RA, que codifica outro receptor de IL8 de alta afinidade, e o IL8RBP, que é un pseudoxene de IL8RB, forman un cluster de xenes nunha rexión mapada no cromosoma 2q33-q36. Existen variantes de splicing.[3] O xene IL8RB contén 3 exóns e dous intróns.

As mutacións en CXCR2 causan doenzas hematolóxicas.[4]

Remove ads

Senescencia

Os estudos knock-down que implican ao receptor de quimiocinas CXCR2 alivia tanto a senescencia inducida por oncoxenes coma a replicativa e diminúe a resposta aos danos no ADN. Ademais, a expresión ectópica de CXCR2 dá lugar a unha senescencia prematura por medio dun mecanismo dependente de p53.[5]

Notas

Véxase tamén

References

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads