Cabra, Córdoba

From Wikipedia, the free encyclopedia

Cabra, Córdobamap
Remove ads

Cabra é un concello español da provincia de Córdoba, en Andalucía. Abrangue 227,5 km², e no ano 2007 alcanzaba unha poboación de 21.087 habitantes. O xentilicio que designa os seus moradores é egabrense, -a.

Datos rápidos Localización, Capital ...
Remove ads

Situación xeográfica

O concello de Cabra está sito no sur da provincia cordobesa, nun punto que se considera o centro mesmo da Andalucía. A cidade de Cabra dista 72 km da capital provincial, Córdoba.

Cabra está localizada entre os contrafortes setentrionais das serras subbéticas, e a cidade mesma érguese a unha altura media de 448 m.s.n.m., entre dous outeiros, ás beiras do río homónimo, afluente do Genil. A paisaxe é de tipo cárstico, con abundancia de accidentes xeográficos asociados, tipo simas e cavernas.

O clima da cidade é mediterráneo, pero un tanto continentalizado.

Remove ads

Economía

A base económica do concello é a agricultura, especialmente, a oliveira, e en segundo lugar a vide. A industria está asociada á transformación dos seus produtos.

Historia

Nas proximidades existen restos paleolíticos. Porén a ligazón histórica directa comeza durante o dominio romano, identificándose Cabra coa cidade de Egabrum, citada por Plinio o Vello. Durante o período Visigodosvisigodo, sábese que foi sede episcopal.

Logo da invasión musulmá de Hispania, a cidade ficou incorporada ao Al-Ándalus. Foi tomada aos mouros polo rei Fernando III de Castela, en 1240. Pasou durante un tempo a estar controlada pola Orde de Calatrava, pero Sancho o Bravo rescatouna para a xurisdición real, en 1288. A mediados do século XV, o rei Henrique IV de Castela doouna a D. Diego Fernández de Córdoba.

Durante a guerra civil española o municipio foi bombardeado polas forzas da segunda república, provocando 109 mortos e máis de 200 feridos.

Patrimonio cultural

  • Murallas da cidade, restos que proceden do século XIV.
  • Castelo dos condes de Cabra (ou duques de Sessa), do século XIV. Consérvanse dúas torres e parte do pazo, hoxe colexio das Escolapias.
  • Igrexa do convento das Madres Escolapias, de estilo barroco, con varios cadros de Juan de Valdés Leal.
  • Igrexa de Nosa Señora dos Remedios, datada en 1729; posúe unha talla da Virxe da Soedade, de autoría de Pedro de Mesa.
  • Igrexa de San Xoán Bautista, tamén barroca; conserva unha inscrición visigótico, que demostra a ligazón da cidade coa antiga Egabrum.
  • Igrexa de Nosa Señora da Asunción e Anxos, barroca do XVII.
  • Casa de D. Juan Valera.
  • Museo Arqueolóxico Municipal, con restos egabrenses de diversas épocas.
  • Museo de Historia Natural.
  • Museo do Aceite, adicado a ese produto.
Remove ads

Festas

  • Semana Santa.
  • Santísima Señora da Serra, padroeira de Cabra, entre o 3 e o 8 de setembro.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads