Cacheira

cabeza do porco salgada From Wikipedia, the free encyclopedia

Cacheira
Remove ads

A cacheira, ou cachaza, cachola ou cachucha, é como se denomina á cabeza do porco, despois de despezado,[1] cando está salgada.[2] É un dos ingredientes do cocido, especialmente do cocido galego.

Datos rápidos Tipo ...

Partes que comprende

A cacheira inclúe as orellas, o fociño e a cara, sen contar a papada, e normalmente consérvase curada, salgada ou afumada.[Cómpre referencia]

Cacheira prensada

A cacheira prensada, tamén chamada queixo do porco, é un embutido feito principalmente con carne da cabeza do porco e outros miúdos, condimentados, e sometido a unha cocción.

Prepárase como se fora un cocido, con grelos, un pouco de unto, e outros ingredientes do cocido. Cando está ben tenra a cacheira, que xa comeza a despegarse, sácase todo o óso e o exceso de carne, o que é a parte da faceira (a que está debaixo da mandíbula). Retírase esa parte, porque senón, ao prensala, como non ten tanta xelatina, pode ter o perigo de que se desfaga (é que a xelatina é como un pegamento).[3]

Pode facerse cun tupper que encaixe noutro. Bótase toda a carne esmiuzada nun deles (e se fai falta rectifcar de sal, faise), ponse o outro tupper enriba e apértase forte, colocando un peso encima, por exemplo, catro cartóns de leite. Déixase un día e medio na neveira e, pasado ese tempo, sácase do tupper e queda como un flan.[3]

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads