Cadaverina

composto químico From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

A cadaverina (NH2(CH2)5NH2) é unha poliamina do grupo das diaminas producida pola descarboxilación do aminoácido lisina[1] catalizada polo encima lisina descarboxilase (LDC). A cadaverina tamén se chama 1,5-pentanodiamina e pentametilenodiamina. É unha diamina tóxica [2] e fedorenta semellante á putrescina. Ambas as dúas orixínanse durante a putrefacción dos tecidos animais, na que interveñen bacterias saprófitas, pero a cadaverina non se asocia unicamente á putrefacción, xa que os seres vivos tamén a producen en pequenas cantidades e é parcialmente responsable do cheiro caracterísitco dos ouriños e do seme.

Estrutura química da cadaverina.
Descarboxilación da lisina orixinando cadaverina.
Remove ads

Historia

A putrescina [3] e a cadaverina[4] foron descritas por primeira vez en 1885 polo médico alemán Ludwig Brieger (1849–1919).[5]

Importancia clínica

Atopáronse elevados niveis de cadaverina nos ouriños dalgúns pacientes con defectos no seu metabolismo da lisina.

Toxicidade

A cadaverina é tóxica a altas doses. Nas ratas obsérvase unha toxicidade oral aguda de máis de 2000 mg/kg de peso corporal.[6]

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads