Caixa GC

From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

En bioloxía molecular, unha caixa GC é un patrón específico na secuencia de nucleótidos, que se encontra na rexión promotora dalgúns xenes eucarióticos situada augas arriba da caixa TATA e aproximadamente a 110 bases augas arriba do sitio de iniciación da transcrición. Ten a secuencia consenso GGGCGG, que é dependente da posición e independente da orientación.[1] Aos elementos GC únense factores de transcrición e teñen funcións similares aos amplificadores (enhancers).[2]

Unha clase de promotores da ARN polimerase II carecen de caixa TATA e de caixa CCAAT, pero conteñen moitas caixas GC. Nos promotores que non teñen caixa TATA pero teñen moitas caixas GC, os sitios de inicio da transcrición poden ser únicos e específicos (por exemplo no xene do receptor do factor de crecemento neural), ou poden ser múltiples e heteroxéneos (por exemplo, no xene do receptor da insulina). Polo menos debe haber dúas caixas GC para que se produza a transcrición nestes promotores.[1]

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads