Como 1907

club de fútbol italiano From Wikipedia, the free encyclopedia

Como 1907
Remove ads

O Como 1907, coñecido simplemente como Como, é un club de fútbol italiano con sede en Como, Lombardía. Fundado en 1907, milita na Serie B, a segunda categoría do fútbol italiano. O seu equipamento habitual é de cor azul.[1]

Datos rápidos Nome, Fundación ...

O Como militou durante 13 tempadas na Serie A, obtendo como mellor resultado o da campaña da súa estrea na máxima categoría, a 1949/50, na que rematou sexto.

A 2002/03 foi a súa última tempada na Serie A, e a continuación sufriu tres descensos consecutivos ata a Serie C2. O club foi á quebra e foi refundado en 2005, pero volveu caer en bancarrota en 2016. Ao ano seguinte foi de novo refundado e admitido na Serie D,[2] ascendendo á Serie C en 2019 e á Serie B en 2021.

Remove ads

Historia

O Como ascendeu por primeira vez á Serie A en 1949 e na súa estrea na máxima categoría do fútbol italiano logrou un sexto posto. Tras catro anos na elite descendeu ao remate da tempada 1952/53. Pasaron dúas décadas ata que o club conseguiu acadar de novo a Serie A, logrando o ascenso na tempada 1974/75. Volveu descender só un ano despois, e en 1978 caeu ata a Serie C1, pero cun equipo reconstruído con destacados futbolistas como Pietro Vierchowod, o Como logrou dous ascensos consecutivos ata a Serie A, na que permaneceu durante dúas campañas (1980–82).

O club lombardo conseguiu outro ascenso á Serie A en 1984, e mantívose durante cinco anos na categoría. Con xogadores como Dan Corneliusson, Stefano Borgonovo ou Pasquale Bruno, acadou dous noveno posto nas tempadas 1985/86 e 1986/87. O descenso de 1989 deu inicio a un período de malos resultados, que levaron o equipo a militar durante a maior parte da década de 1990 na Serie C1 coa única excepción da campaña 1994/95.

Quebra e breve ascenso á Serie B

A comezos do século XXI o Como experimentou un breve renacemento, conseguindo dous ascensos consecutivos dende a Serie C1 ata a Serie A. Con todo, a experiencia na máxima categoría durou só un ano, e o equipo sufriu tres descensos consecutivos nas tres seguintes tempadas, baixando ata a Serie C2 e caendo en bancarrota en 2004.[3] O club foi liquidado e refundado como Calcio Como Srl,[4] iniciando a súa nova andaina na Serie D durante a tempada 2005/06 . Case unha década despois, na campaña 2014/05, o equipo logrou regresar á Serie B, tras vencer ao Bassano Virtus na fase de ascenso, pero volveu caer á terceira categoría na seguinte campaña.

FC Como / Como 1907

Na tempada 2016/17 xurdiron novos problemas económicos, que provocaron unha nova bancarrota do club. Os activos da entidade foron adquiridos por Akosua Puni Essien, esposa do futbolista ghanés Michael Essien e primeira empresaria estranxeira do fútbol italiano (a través da súa empresa FC Como Srl).[5]

Con todo, a Federación Italiana de Fútbol (FIGC) rexeitou a solicitude do FC Como como sucesor do Como na Serie C 2017/18,[6] xa que non cumpría todos os requisitos do artigo 52 da NOIF.[7] No seu lugar, outro club chamado Como 1907 Srl,[8] foi admitido na Serie D 2017/18 como sucesor do Como orixinal.[9][10]

En 2019 o equipo conseguiu o ascenso á Serie C e dous anos despois á Serie B.

Desde 2019, o club é propiedade da empresa indonesia Djarum Group dirixida por Michael Hartono e Robert Budi Hartono. Dennis Wise, ex xogador do Chelsea, foi nomeado presidente.

Remove ads

Palmarés

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads