Como

comuna italiana From Wikipedia, the free encyclopedia

Comomap
Remove ads

Como (en lombardo: Còmm) é unha cidade da Lombardía, Italia, capital da provincia de Como. Atópase a 45 km ao norte de Milán, onda o Lago de Como. A comuna de Como ten unha área de 37 km² e no 2001 tiña uns 78.315 habitantes. Foi feita polos romanos e daqueles tempos conserva o trazado urbano do centro histórico.

Datos rápidos Localización, Capital de ...

Ten lindes cos concellos de: Blevio, Brunate, Capiago Intimiano, Casnate con Bernate, Cavallasca, Cernobbio, Chiasso (CH-TI), Grandate, Lipomo, Maslianico, Montano Lucino, San Fermo della Battaglia, Senna Comasco, Tavernerio, Torno, Vacallo (CH-TI)

Remove ads

Historia

Foi unha importante cidade da Roma Antiga, fundada no século I antes de Cristo, inicialmente a cidade estabeleceuse nas montañas, pero por orde de Xulio César trasladouse á súa localización actual. A cidade foi chamada Novum Comum e tiña o status de municipio. Alcanzou o seu apoxeo no século XI. Tras ser destruída polos milaneses en 1127, foi reconstruída polo Emperador Frederico Barbarroxa, antes de incorporarse de novo a Milán en 1355.

Na Idade Media, loitou moitas veces contra Milán, tanto no período comunal como no século XV, cando caeu en mans de Francesco Sforza.

Despois do século XVI converteuse nun dos centros europeos principais onde se tecía a seda, tradición que conserva incluso agora.

En Como naceron os historiadores latinos Plinio o Vello e Plinio o Novo (século I a.de C.) e o científico Alessandro Volta (século XVIII-XIX).

Thumb

Vista do Lago de Como e a cidade desde Blevio
Remove ads

Véxase tamén

Ligazóns externas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads